Casa cuarto e mitade | soma arquitectura

Trátase de pedra fincada como leva facendo toda a vida en Galicia. Un volúmen limpo e rotundo que se levanta no territorio, controlándoo e formando parte del.

casa ccm_somaa_01

A primeira cousa a decidir é como colocarse nunha parcela cunha forte pendente, e que presenta unhas vistas impresionantes.

O primeiro é apartarnos das casas veciñas que nos tapan esas vistas. O segundo, é colocar unha peza cravada no terreo. Unha pedra fincada como leva facendo toda a vida en Galicia. Un volúmen limpo, rotundo que ocupe pouca superficie en planta, e por tanto con pouco movemento de terras, e que se levante no territorio, controlándoo e formando parte del sen complexos.

Para adaptar a peza á pendente partímola en dúas, desenvolvendo a casa en medias plantas, que xera unha circulación en espiral na vivenda, pasando dunhas habitacións a outras sen corredor. Cada media planta é un espazo distinto. Ou doutra maneira, cada metade é un cuarto…

Por último, a peza vírase levemente respecto da parcela para buscar as vistas e o sur da tarde, non o do mediodía que é moi agresivo. Envórcase por tanto ao suroeste, con algúns ocos puntuais ás outras orientacións.

Os veciños verán unha casa pechada. Cando entren, non esperarán ver o que se van a atopar…

Outro problema da parcela é o acceso rodado. Nunha parcela con tanta pendente, é difícil levar os coches ata abaixo. É preferible deixalos canto antes, e logo aos poucos baixar á casa, sen tensión e tomando un pouco o aire, que para iso estamos no campo…

Obra: Casa cuarto e mitade
Autor: Soma Arquitectura
Ano: 2012
Emprazamento: Cabanas, A Coruña, Galicia, España
Superficie: 230m2
Coste: 700€/m2
Fotografías: Roi Alonso
+ somaa.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , ,