Arquivo Itinerante

Bartlebooth non é exclusivamente unha publicación, xamais foino, é un experimento. Baixo esta premisa, o cuarto número de Bartlebooth, Las Virtudes, concibiuse con dous elementos complementarios: unha publicación física que aglutina as achegas de corenta colaboradores, e un Arquivo Itinerante, unha exposición ambulante e informe que irá percorrendo diferentes localizacións. Ao igual que un circo ou unha feira ambulante, a instalación irá de lugar en lugar, despregando os seus trebellos alá onde o deixen, deteriorándose e remendándose co paso do tempo.

archivoitinerante_b_MOD

Que é o Arquivo Itinerante?

Non o sabemos, non terá unha forma precisa nin o seu contido será inmutable. Xusto ao contrario, o contido irá crecendo, ampliándose, modificándose o máximo posible con cada nova localización á que chegue a exposición. O que si sabemos é que o Arquivo Itinerante busca recompilar a maior cantidade de achegas posibles vinculadas ao tema que articula este experimento, Las Virtudes. As corenta virtudes serán representadas a través dunha multitude de imaxes, que dialoguen ou se opoñan entre si e que, no seu conxunto ou especificidade, sexan capaces de expresar as diferenzas entre os puntos de vista. Imaxinámonos unha cantidade inmensa de imaxes propias ou apropiadas, onde cada unha delas vaia asociada a unha virtude. Isto permitirá unha lectura en conxunto da nosa sociedade contemporánea, da nosa cidade, das nosas propias virtudes, sobre a base dos infinitos puntos de vista dos diferentes comisarios; das confrontacións e friccións que saian entre a selección de imaxes.

“O mundo está cheo de obxectos máis ou menos interesantes, eu non quero engadir nada máis” 1

Se algo define o comportamento característico da contemporaneiade é que un espectro infinito de información está ao noso alcance, un catálogo inabarcable de referencias, imaxes, textos, obras de arte a só un click do noso buscador. Non necesitamos partir de cero nin crear algo da nada para producir novo contido, simplemente gardalo na carpeta correspondente do noso escritorio. A produción de novo contido non vén definido pola orixinalidade das pezas senón pola capacidade de conexión e significación que estas sexan capaces de adquirir. Só necesitamos copiar, resamplear, reorganizar, contido xa existente. No Arquivo complementaranse as colaboracións orixinais, creadas exprofeso para o número, con material reapropiado, proporcionado por todos aqueles comisarios que se queiran enrolar no experimento.

Bartlebooth necesítavos

Para chegar a bo porto con esta segunda parte do experimento, Bartlebooth necesítavos. Gustaríanos que vos enrolásedes nesta aventura e abrímosvos as portas para que así sexa Que necesitamos? Que seais os comisarios, os colleiteiros, os sampleadores. Que seleccioneis do voso arquivo persoal, propio ou impropio, aqueles fragmentos (imaxes, textos, gifs, recortes…) que mellor representen ata vinte virtudes (unha por imaxe) e nos as hagais chegar para poder incorporalas ao Arquivo Itinerante. Ata vinte imaxes que, para vós, representen mellor que ningunha outra unha virtude determinada.

archivoitinerante_MOD

Todo ese material será agregado de xeito inmediato ao Arquivo Itinerante e será exposto ao longo de dito puntos. A única conclusión posible será a que o observador?, talvez esta non sexa a mellor palabra, estableza; será nas friccións entre imaxes inconexas, entre os saltos e conflitos producidos entre unha e outra onde se poderán chegar a enxergar as virtudes que definen a nosa sociedade. Unicamente entre todos poderemos dar sentido a este experimento, contamos coa vosa xenerosidade.

Se finalmente te queres subir a este Arquivo Itinerante, formar parte desta caravana ambulante que partirá en outono do ano que vén dende Coruña, revisade a lista das virtudes que vén a continuación e sobre a base delas seleccionade, entre todo o abano de referencias á nosa disposición (propias, apropiadas, legais ou ilegais…) unicamente ata vinte imaxes. Cando o hayais feito, facédenola chegar a esta dirección archivoitinerantebartlebooth@gmail.com e nós incorporarémolas ao Arquivo Itinerante.

Manterémosvos informados!

1 Douglas Hubler

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,