A góndola | Sergio de Miguel

1. Friedrichstrasse de Berlín, 1921, Mies van der Rohe. 2. Lever House, New York City (1950-51), SOM: Gordon Bunshaft

O soño da “torre de cristal”, cuxo orixe se atopa vinculado á figura e obra de Mies Van der Rohe desde que en 1919 debuxase o visionario rañaceos da Friedrichstrasse, ía ter na súa resolución un inconveniente tan prosaico como inesperado.

En 1950, cando Gordon Bunshaft (SOM) e a Lever House de Charles Luckman erguíanse na Park Avenue de Nova York, e a súa nunca antes vista fachada acristalada demandaba unha estanqueidad non resolta até entón, xurdiu a ineludible necesidade de idear un modo de posibilitar a limpeza exterior.

A eficiente oficina dos SOM dedicou seis meses de esforzo continuado para atopar o modo de resolver o problema en semellante escala. Foi en balde. Tiveron que recorrer finalmente aos enxeñeiros de Jaros, Baum & Bolles, encargados das instalacións do edificio, en colaboracón coa Otis Elevator Company para inventar a solución.

Un enxeñoso aparello móbil sobre raíles conseguiu suspender no perímetro exterior unha plataforma de limpeza cos operarios dentro.

Góndola para limpeza muro cortina

É probable que se acertase a bautizala “góndola” tempo despois polas súas esveltas proporcións e os seus suaves movementos oscilantes.

A prensa e os curiosos transeúntes da cidade daqueles anos non deixaron de facerse eco de semellante espectáculo. Tan sorprendente como único.

Iniciábase entón a arquitectura denominada de “skin and bones”, unha linguaxe de matices e fina dialéctica entre etéreos cerramentos e novas solucións volumétricas e estruturais. As grandes superficies de vidro ían impoñerse en todo o mundo occidental como referente cultural e económico.

A solución naquel tempo ideada, por sinxela e eficaz, hoxe pasa desapercibida. Pero non puido ser mellorada.

Algunhas máquinas si contan.

Góndola para limpeza muro cortina

Sergio de Miguel, arquitecto
Madrid, maio 2010

Arquivado en: faro, Sergio de Miguel

Tags: , , , , , , , , , , ,