Innovación en 360 graos

Innovación=cambio. E esta é a idea que subxace no concepto da nova edición de Barcelona Barcelona Building Construmat (BBConstrumat), o Salón Internacional de la Construción de Fira de Barcelona que terá lugar do 23 ao 26 de maio no recinto de Gran Via.

A dixitalización e as novas tecnoloxías son o motor de cambio do sector da construción e son os dous grandes eixos temáticos sobre os que se sustenta BBConstrumat, o único evento do sector de toda Europa que destina 2.000 metros cadrados de exposición a mostrar novos materiais e innovadores procesos no ámbito da arquitectura, o deseño e a construción.

Nomes propios como os de Anna e Eugeni Bach, quen se encargará de deseñar as áreas temáticas sobre a que se articulará o salón (Industry Area, Future Area, Talks Area e o Meeting Area) ou de Andrés Xaque, curator do Congreso de Innovación que se desenvolverá durante o  certame, poñen de manifesto a decidida aposta que a dirección do salón fai este ano pola innovación.

Nesta mesma liña, inscríbese a celebración da terceira edición do European BIM Summit, no que expertos de todo o mundo darán a coñecer as últimas novidades do BIM, ferramenta fundamental no proceso de modernización que está a experimentar o sector.

A nova directora de BBConstrumat, a nova arquitecta navarra Ione Ruete, afirma que

“o salón quere converterse nunha cita imprescindible para todos os membros do sector desde arquitectos a enxeñeiros, pasando por proyectistas ou deseñadores”.

Para iso, ademais de contar cunha ampla oferta no marco do salón, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Cataluña (COAC), organizouse ‘A Semana da Arquitectura’, coa que se pretende que a cidade de Barcelona respire arquitectura, deseño e construción mediante un programa de actividades que van desde rutas para descubrir unha cidade diferente ata un ciclo de cinema, sen deixar de lado conferencias, debates, talleres ou exposicións.

E baixo a coordinación da Fundación Mies van der Rohe, convocarase a 17ª edición dos Premios BBConstrumat nas súas categorías de Edificación, Obra Civil, Material ou produto innovador, Proxecto ou servizo innovador e Mellor caseta.

Innovación en 360 grados

Arquivado en: evento, ferias

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,