Documental “A escala humana”

Se durante moitos anos as cidades foron vistas unicamente como unha contorna destinada a favorecer o crecemento de proxectos e empresas, e consecuentemente deseñáronse para priorizar o uso do automóbil, nos últimos tempos novas voces viñeron reclamando o que para a cidadanía comezaba a ser xa unha necesidade, o contar con cidades deseñadas, ideadas e implementadas para facilitar as relacións das persoas.

Precisamente, baixo esta premisa, no documental “A escala humana“, emitido en Documentos TV, reivindícase unha nova tendencia no deseño urbanístico occidental, que consiste en apostar por cidades enfocadas en favorecer as relacións e cubrir as necesidades actuais das persoas.

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , ,