Casa Tmolo | PYO Arquitectos

Casa Tmolo PYO Arquitectos o17 exto1

O proxecto consiste na rehabilitación e ampliación dunha casa rural (CASA TMOLO) e dun curral con palleira adxacente (A PALLEIRA). A intervención proposta para a Casa Tmolo dá resposta a varios condicionantes: unificar nun só volume as estruturas agregadas á construción principal, resolver o cambio de rasante facía o sueste e respectar o uso de certos materiais. A resposta estrutural conserva e consolida os muros de mampostería existentes mantendo a súa función portante para acoller encima un caparazón de formigón branco, definindo os muros da primeira planta, baixo-cuberta e cuberta.

O caparazón de formigón recórtase en distintos puntos para acoller os elementos característicos da vivenda pre-existente: balcón en esquina, ocos que iluminan unha galería a dobre altura orientada a sur, e aperturas a norte. Ademais, a construción da envolvente de formigón apoiada sobre os muros de mampostería permite liberar grandes luces en planta baixa e configurar así outro dos espazos característicos da tipoloxía asturiana: o soportal. Unha vez definida a envolvente, o espazo interior da vivenda materialízase mediante unha estrutura metálica lixeira que se encosta ou separa desta en función das necesidades de luz e accesibilidade.

Desta maneira libérase un espazo en tripla altura na zona norte da vivenda que permite a entrada de luz e o despregamento dunha escaleira metálica que dá acceso ás distintas estancias da casa.

Obra: Casa Tmolo
Ano: 2007 – 2013
Emprazamento: Granda de Abajo, Concejo de Parres, Asturias, España
Superficie: 414 m2
Cliente: privado
Autores: PYO arquitectos (Ophélie Herranz Lespagnol, Paul Galindo Pastre)
Colaboradores: Carlos Mínguez Carrasco
Estructura: Juan Rey (mecanismo)
Constructor: Roberto Labra Rodríguez
Aparelldor: Fernando Suárez Otero
Fotografía: ImagenSubliminal / Miguel de Guzman+Rocio Romero
+ pyoarquitectos.com

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , ,