Valle Arredondo-Vicente Calabuig · plataforma profesional | Café con un arquitecto

Cantas veces realizamos a seguinte pregunta a un amigo, un compañeiro, ¿Quen coñece a un….? cando está á busca dun profesional. Seguramente máis dunha e máis de dúas. Por iso partindo desta premisa, Valle Arredondo e Vicente Calabuig uns arquitectos valencianos, teñen decido acurtar as distancias entre particulares (individuais, asociacións de veciños, comunidade de propietarios ou outros colectivos) como a outros profesionais.

“¿Quen coñece ao seu arquitecto?”

Para iso crearon e posto a disposición de todos eles unha plataforma profesional a nivel nacional, que denominaron café cun arquitecto. A pesar das crecentes redes sociais, este grupo de arquitectos avogan por unha “unha serie de eventos onde se lle invita a acudir a un establecemento para ter unha charla con arquitectos do seu barrio mentres se toma unha cunca de café nun ambiente distendido.

A asistencia ao evento é libre, e para garantir a súa praza nestes eventos, tanto se es un particular coma se es un arquitecto, debes rexistrarte a través da súa páxina web. Unha vez rexistrados, dende a plataforma organizan un evento no teu barrio ou arredores.

Café cun arquitecto

¿Cal foi a vosa formación e traxectoria profesional?

Estudamos na Universidade Politécnica de Valencia. Traballamos colaborando con distintos despachos de arquitectura e como profesionais autónomos tanto separada como conxuntamente nestes últimos anos.

¿Que vos levou a crearr “café cun arquitecto”?

Xorde como unha forma de aumentar os nosos círculos de clientes dando a posibilidade de charlar informal e distendidamente fóra do estudo. Pensabamos que moita xente non coñece ningún arquitecto no seu ámbito e desta forma pode achegarse á nosa profesión.

¿Encontrástesvos con moitas dificultades? ¿Cales foron as máis problemáticas?

Principalmente a nosa gran dificultade está a ser dar a coñecer a iniciativa xa que temos que vencer a timidez dun primeiro encontro e a desconfianza a que a consulta é gratuíta e sen compromiso.

¿Estades contentos cos obxectivos alcanzados?

Estamos moi contentos coa acollida que está a ter tanto entre arquitectos de todas as xeracións, establecementos, asociacións de veciños e particulares que xa coñecen café cun arquitecto e que nos apoian na difusión da iniciativa, e moi sorprendidos polo interese mostrado dende todo o país.

Café cun arquitecto

¿Que expectativas e proxectos de futuro tedes para “café cun arquitecto”?

A difusión e calado da iniciativa como un encontro periódico por barrios a nivel nacional, onde os particulares conten habitualmente con lugares onde coñecer a arquitectos, e onde os arquitectos ademais de ter contacto directo con posibles clientes poidan encontrarse con outros profesionais e favorecer futuras colaboracións.

Gustaríanos que a plataforma fose unha ferramenta útil que permita resolver as dúbidas iniciais de calquera particular á hora de facer unha reforma ou abrir un negocio. Que sirva poñer en contacto os particulares co seu arquitecto máis próximo de forma informal e próxima.

¿Animaríades a outros arquitectos a seguir os vosos pasos? ¿Que pasos considerades que deberían dar?

Por suposto animariamos a todos os arquitectos a unirse á nosa iniciativa axudándonos a estendela a nivel nacional. Poderían converterse en organizadores de eventos nas súas propias cidades aproveitando tanto a nosa plataforma online coma a difusión nas nosas redes sociais.

Pensamos que unha boa forma de colaborar con café cun arquitecto sería vincular nas súas páxinas persoais e profesionais a nosa dirección web, á vez que suxerirnos eventos nos seus barrios ou cidades, e unha vez convocados, difundilos activamente.

café cun arquitecto nace como unha proposta colaboradora para profesionais.

¿Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

Abrir novas vías sempre é positivo, e máis cando a situación actual da construción no noso país e dos profesionais vinculados a esta obriga a crealas e a romper cos prexuízos que a sociedade ten neste momento dos arquitectos.

Café cun arquitecto

¿Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Que merecen o maior apoio e respecto ao igual que os que decidiron quedar e traballar tanto dentro coma fóra da profesión.

¿Como vedes o futuro da profesión?

Vemos a necesidade de traballar para facer ver que a sociedade necesita da arquitectura e os arquitectos

Café con un arquitecto

Valle Arredondo-Vicente Calabuig · plataforma profesional | Café con un arquitecto

Noviembre 2014

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco y Alberto Alonso Oro. Agradecer a Valle y Vicente su tiempo y predisposición con este espacio.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,