Third Natures

Third Natures presenta 15 anos de especulacións, proxectos e obras construídos polo dúo de arquitectos madrileños Cristina Díaz Moreno e Efrén García Grinda xunto cos seus colaboradores. A exposición será un percorrido dende os comezos da súa práctica en 1997 ata os seus últimos traballos, completados en 2013. En total, 26 proxectos mostrados a través de debuxos, maquetas, obxectos e fotografías.

amid.cero9, Jerte Valley Cherry Blossom Palace (2008-)

Todo este material, así como o libro “Third Natures, A Micropedia”, organizarase de acordo a leis de afinidade e conexión entre eles, nun intento de agrupar este amplo conxunto de proxectos así como o seu principal campo de acción: o espazo de mediación entre as persoas, os obxectos, as especies naturais e as atmosferas. Third Nature foi acuñado por Jacobo Bon Fadio durante o Renacemento facendo referencia a un novo tipo de xardín que creaba unha nova e ata entón descoñecida realidade – unha terceira natureza- cunha nova e radical materialidade que se construía a través de conexións culturais. Do mesmo modo, a práctica de amid.cero9 explora como os materiais da cultura poden ser asimilados e despois devolto ao mundo en forma de propostas fortemente vinculadas coa sociedade contemporánea. O seu achegamento, tanto crítico coma festivo, está baseado na urxente necesidade de novas, extremas e inesperadas formas de beleza.

Third Natures
Cristina Díaz Moreno & Efrén García Grinda (amid.cero9)
18 de Xaneiro – 15 de Febreiro 2014, AA Gallery. Londres
Inauguración privada Venres 17 de Xaneiro do 2014 18.30h
Aberto o público dendeo Sábado 18 de Xaneiro ata o Sábado 15 de Febreiro do 2014
Horarios de apertura de Luns a Venres de 10.00 a 19.00h; Sábados de 10.00 a 15.00h

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,