Stamp, unha ¿fraxil? cuberteria de Tomás Alonso | Luis Gil Pita

5 (100%) 1 vote

STAMP.
“Nomadic” cutlery set used on a lunch break, when travelling or during
a party or picnic.
Stailess Steel of 60 grms
Producido por italesse

A subversión do fráxil, usar e nunca tirar.

Apuntamentos sobre a cubertería Stamp deTomás Alonso.

Son estas unhas breves palabras que non estarán á altura da intensidade dun exercicio de deseño que trata de subverter a obviedade de algo xa moi natural…, a artificial acción de usar e tirar. Tomás Alonso deseñou fai xa un tempo unha cubertería de tres elementos que non era nada novo, un sinxelo xogo de garfo-culler-coitelo, dun só uso, como todos os habituais útiles desbotables de plástico ou madeira, sim embargo o fixo pensando en que esa segunda acción de tirar despois do usar non se chegase a producir, todo iso sen perder o valor do livián e nómade. Máis alá desta primeira intención o que nos impresiona nesta acción transformadora non é o xogo da propia contradición senón a formulación de poder alterar o tempo das cousas ou para o que as cousas están feitas. O que era para xa, e se rematou, é agora para moito máis, para case sempre. E ese, case sempre, fai que nos acompañemos desta peza a diario como unha navalla, como a cubertería de campaña, a dos médicos de MASH ou a do nómade en movemento. Non hai tempo para tirar pero si para envainar e seguir camiño acompañado do só aparentemente fráxil.

STAMP.Tomás Alonso. Producido por italesse.

Hai, dalgún xeito, neste deseño unha finta á rápida e desmesurada contemporaneiade, unha atención compasiva sobre a ineficacia de usar e tirar sen reflexionar en relación ao coidado do ámbito. Unha actitude creativa que pensa que engadindo un lixeiro valor material ao deseño do prescindible está a evitar que se malogre de inmediato o obxecto, o que é ao mesmo tempo un apercibirse do valor do medio que non necesita de absorber o refugallo do propio ben.

STAMP.Tomás Alonso. Producido por italesse.

Da súa construción-forma, pouco máis (moito), pois é obvio que neste tipo de deseños vocacionáis cara ao nómade a regra é que canto menos material mellor. Pola contra canto menos material peor rixidez e entón non hai outra forma de conseguir materia onde non a hai, que grecando a superficie, como unha chapa Pegaso, como un panel nervado de Citroën. Xa está, e como consecuencia desa lóxica construtiva ou estrutural de baixa intensidade do nervado resulta que podemos coser os tres elementos en plano de maneira que se agarran como unha familia e poden viaxar da man sen separarse, como solapados de xeito automático.

STAMP.Tomás Alonso. Producido por italesse.

Finalmente, ese cambiar e alterar a fraxilidade e o sentido do tempo do nómade fai que poidamos intuír que, polos valores anteriormente expresados e a súa riqueza útil e visual, podemos usar estes cubertos máis alá da sala de descanso dos médicos, da oficina ou da escapada nómade para chegar á mesa diaria ou á excepcional da festa, grazas á calma do pensamento e a reflexión do que pode ser para hoxe e o que é para sempre.

Luis Gil Pita. arquitecto

santiago de compostela. julio 2014

Luis Gil Pita

Arquitecto por la ETSA de A Coruña en 1997, desde ese año colabora en el estudio de Manuel Gallego Jorreto hasta 1999. Becado de investigación en Holanda en 2000-1, con un estudio sobre lo fronterizo y liminar en arquitectura, por la Diputación de A Coruña, fue posteriormente Profesor invitado en el área de proyectos de la Facultad de Arquitectura de Guimaráes, Universidade do Minho, del 2001 hasta el 2007. Desde el inicio de su carrera ha publicado asíduamente artículos y ha participado como editor en diferentes publicaciones alrededor de la arquitectura.

follow me

Arquivado en: artigos, Luis Gil Pita

Tags: , , , , , , ,