Retratos a través dos ollos dun miope (VIII) | epR


O paxaro dodo.

Fehn e os seus debuxos de liña. Fráxiles, sintéticos e crípticos.

Debuxos que son case nada. Exiguos trazos nos que cabe o mundo enteiro.

Cosmogonía de horizontes e barcos, de soles e lúas, sempre de homes.

Fehn e a súa arquitectura de sombras alongadas.

O novo prodixio nórdico de Bruxelas, Venecia e Hamar.

Logo, o esquecido que non erixiu un só edificio durante vinte anos; o mestre marxinado na Escola de Oslo.

Por fin, o ancián redimido en Bamble, en Fjaerland, Ørsta e Alvdal; o mestre aclamado en Nova York.

Hoxe, como o paxaro dodo, afastado, estraño e extinto.

El primo Ramón

Kavala, Grecia, veán de 2014

Arquivado en: el primo Ramón, nasa

Tags: , , , , , , , , , , , , ,