Premio IE Archicture+ 2013-2015

IE School of Architecture and Design convoca o segundo PREMIO IE ARCHITECTURE+ para novos arquitectos, en busca dos mellores novos talentos da arquitectura a nivel internacional, para invitalos a formar parte da próxima edición do programa de IE Master in Design for Work, Retail and Learning Environments ou o IE Máster in Architectural Management and Design cuxo inicio terá lugar en febreiro de 2016.

Poderán optar ao PREMIO IE ARCHITECTURE+ todos os mozos graduados no campo da arquitectura a nivel internacional entre 2013-2015, cuxa cualificación final se encontre entre o 15% das mellores da súa clase.

Os autores dos proxectos gañadores serán admitidos no programa de IE Master in Design for Work, Retail and Learning Environments ou IE Máster in Architectural Management and Design para o ano académico 2016-17 e obterán unha bolsa nas matrículas.

IE School of Architecture and Design

IE School of Architecture and Design redefine as fronteiras da formación tradicional no campo da arquitectura. Cun marcado espírito emprendedor e nun ámbito internacional, a nosa escola une dous mundos que tradicionalmente estiveron separados, o académico e o profesional.

IE dá a benvida a todos aqueles novos arquitectos que desexen afrontar novos retos e aspiren a converterse en líderes do dinámico mundo da arquitectura e o deseño.

IE Master in Architectural Management and Design

O IE Máster in Architectural Management and Design é un programa orientado a pechar a brecha existente entre o deseño avanzado e o mundo empresarial no campo da arquitectura. Grazas á combinación única de formación en xestión e deseño avanzado, o IE Máster in Architectural Management and Design achega un coñecemento máis a fondo da relación entre a xestión empresarial e o deseño arquitectónico. O curso non se centra soamente na empresa, posto que foi especificamente deseñado e desenvolvido para profesionais con coñecementos de principios arquitectónicos teóricos e prácticos que desexan aprender e aplicar a lóxica empresarial neste campo. Ao final do curso, os alumnos terán adquirido todos os coñecementos empresariais e de xestión necesarios para actividades profesionais relacionadas co deseño.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , ,