Nuevas tecnologías para un nuevo orden informacional | Marc Chalamanch

Fotografía: Marc Chalamanch, New York, 2011

As nosas vidas desenvólvense en torno ás novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) convertidas -en poucos anos- en ferramentas impulsoras dunha transformación global; tecnoloxías a partir das cales se estrutura o novo paradigma informacional1, eixe dun desenvolvemento onde as redes de cidades globais e as conexións que as unen son o motor do mundo global. Estas novas tecnoloxías permiten unha comunicación constante entre nodos-cidade impulsores do desenvolvemento do sistema no que nos encontramos. Vivimos inmersos nunhas novas redes de comunicación que estruturan a nosa sociedade de forma permanente e ubicua, a través dunhas tecnoloxías de natureza plástica e flexible baseadas no código aberto, pero ao mesmo tempo sometidas a un novo neodarwinismo, agora informacional. As TIC’s están baseadas no desenvolvemento da microelectrónica e a nanotecnoloxía, así como na biotecnoloxía, avances estes permiten a construción dunha Sociedade Rede capaz de vencer os límites do tempo e do espazo histórico precedente. Deste xeito estamos a superar a forma de organizarnos dunha era industrial que, ata hai pouco, impregnaba todas as esferas da actividade humana.

Estas novas tecnoloxías teñen a capacidade de expandirse e introducirse en todos os ámbitos da nosa vida, ata converterse na materia prima da que nos nutrimos como sociedade. Créanse redes informacionales que se organizan permanentemente mentres promoven a converxencia cara a un sistema concentrado e globalizado, e á vez que fragmentado e descentralizado.

A Sociedade Rede centra o seu devir na capacidade de organizarse de forma local para logo chegar a recoñecerse globalmente; unha sociedade onde as institucións, as organizacións e os actores sociais se ven forzados a reformularse para manterse no centro do debate social. É neste contexto que nos vemos obrigados a redefinir o noso papel como cidadáns, nunha democracia que se ve empurrada a abrir novos espazos para a participación. Encontrámonos diante de novas redes relacionais que nos permiten ser actores activos dos cambios paradigmáticos que vivimos.

Agora son os usuarios das novas tecnoloxías, e no seu conxunto a sociedade e o seu tecido económico, os que fan evolucionar e arraigar as utilidades capaces de transformar a nosa sociedade. Ao mesmo tempo son estas mesmas tecnoloxías as que nos obrigan a crear unha nova pedagoxía informacional, a partir de como nolas apropiamos e utilizamos, e a sabendas de que son a orixe de boa parte das transformacións culturais, organizativas e institucionais que estamos a experimentar. Uns avances tecnolóxicos que nos son vendidos como ferramentas de comunicación sen fin, nun novo mundo de progreso sen límite. Mentres, os seus “vendedores” utilizan a súa complexidade como coartada para xustificar unha liberdade confusa nun mundo globalizado, que sempre é occidentalizado. Detrás da aparente liberdade que transfiren, a través do intercambio de información, aparece a mordaza da necesidade e da inalcanzable velocidade de cambio constante á que nos obrigan a seguir. Unha necesidade que -antes de resolver problemas- o que fan é simplemente desprazalos, grazas ás novas tecnoloxías. Esta inalcanzable velocidade é agora a que divide o mundo entre lentos e rápidos, onde domina a ditadura do tempo corto2.

Como individuos estamos diante dunhas TIC que de forma paulatina e constante está a substituír a comunicación de masas e aos seus paradigmas comunicacionales do industrialismo. Unha fórmula cimentada na construción de oligopolios empresariais da comunicación, que están baseados na emisión dunha mensaxe unidireccional dirixida a unha audiencia de masas á que só se lle permite escoitar. Para conseguir esta transformación estamos obrigados a exercer activamente un permanente exercicio de sentido crítico e de curiosidade intelectual cara a estas novas tecnoloxías. Estámonos a apropiar individualmente da comunicación de masas para converternos en emisores persoais de información e coñecemento nun ámbito colaborador en rede.

Dende esta posición, temos que ser partícipes da construción dunha sociedade que utiliza estas tecnoloxías para xerar interconexións e crear redes nun mundo dominado polo intercambio de información e coñecemento. Onde como persoas e identidades individuais formamos parte desta rede de nodos a partir dos nosos coñecementos, intereses e desexos. Podemos dar por superada a idea que Marshall McLuhan e B.R. Powers desenvolven no libro Global Village3, onde se intúe un futuro no que os novos sistemas de comunicación superarían as especificidades do local, o particular e a entidade, é dicir, da noción de cultura e con el a noción do espazo que se constitúe como expresión da identidade, o lugar4.

Cos cambios paradigmáticos que estamos a vivir soubemos converter as TIC en ferramentas capaces de crear ciencia, arte e innovación social. Ferramentas impulsoras do desenvolvemento dunha novo orde informacional onde a mediación social, cultural e educativa permiten construír, co uso das plataformas dixitais, un ámbito de fortalecemento democrático en fronte da actual democracia de mercado.

Marc Chalamanch, arquitecto.
Barcelona, xaneiro 2014.

Notas:

1 CASTELLS, Manuel (2011), La sociedad red: Una visión global. Madrid: AlianzaEditorial. O termo sociedade rede foi acuñado en 1991 por Jan van Dijk na súa obra De Netwerkmaatschappij (La Sociedad Red) – aínda que sen dubida quien contribuiu o seu maior desarrollo e popularización foi Manuel Castells en  A Sociedade Rede, o primeiro volume da súa triloxía La Era de la Información.

2 MATTELART, Armand (2002), Historia da sociedade da información, Barcelona: Paidós.

3 McLUHAN, Marshall y POWERS, Bruce R. (1990), A Aldea Global, Gedisa S.A.,Barcelona.

4 CASTELLS, Manuel (1998), Artigo “Espacios públicos na sociedade da información” Manuel Castells, publicado en VVAA, Ciutat real, ciutat ideal. Significat i funció a l’espai urbàmodern, “Urbanitats” núm. 7, Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, Barcelona 1998.

Arquivado en: artigos, Marc Chalamanch

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,