O igual e o distinto | Sergio de Miguel

Logotipo de los Rolling Stones. 50 Aniversario.
Logotipo dos Rolling Stones. 50 Aniversario.

“Ninguén come laranxas baixo a lúa chea”.

Federico García Lorca

Cando temos que proceder, en calquera ámbito, facémolo mediante distincións, mediante eleccións disxuntivas. Entón procuramos discernir categorías amplas. A miúdo involuntarias. Pero o que sempre distinguimos, por puro instinto, é todo aquilo que relaciona e une fronte o que afasta e separa. O que é propio e próximo do que é alleo e apartado. O que involucra e envolve fronte ao que escinde e distancia.

O igual, esa forte relación de pertenza e afinidade, é aquilo que designa o favorable, o ben disposto, incluso o xusto e equilibrado. A nosa natural tendencia á equidade fainos proclives a todo aquilo que consegue provocar esa manifestación de proximidade consciente.

O distinto, o separado e diferente, é pola contra detectado como inconveniente. Perturbador. Estimula a distancia, física e psicolóxica, e incorpora condicións automáticas de exclusión. Como entendemos que difire, que non atende todo o máis próximo, provoca un inmediato afastamento. O impar, o non igual, parecese que obedece a regras inversas.

PPero é sentido que os contrarios producen tensión entre si. E a oportuna interrelación do igual co distinto induce a atractivos fenómenos de extrañamiento, a contrastes eficaces. Na súa presenza pode chegar a xurdir nosa máis aberta capacidade de asimilación e disposición. É preciso saber ver e xuntar, mirar e medir a amplitude da oposición. Cun merecido equilibrio entre diversos podemos descubrir e propoñer novos camiños de resolución, e na súa pertinencia atopar o significado último.

Procedamos mediante a pregunta capaz.

É igual ou distinto?

Con fortuna será igual e distinto á vez.

Que así sexa.

Sergio de Miguel, Doutor arquitecto
Madrid, Abril 2018
Publicado en Grupo docente e de investigación para a arquitectura Grupo 4! da ETSAM.

Sergio de Miguel García

Ph.D. Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) 2016.
M.A. Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) 1990.
Profesor en la Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) desde 1995.

follow me

Arquivado en: artigos, Sergio de Miguel

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,