A Roiba, homenaxe a un viaxeiro | Rodrigo Almonacid

Ramón Vázquez Molezún, navegando | Fotografía cedida xenerosamente pola familia de Ramón Vázquez Molezún

“Pide que o camiño sexa longo.

Que moitas sexan as mañás de verán

en que chegues -¡con que pracer e alegría!-

a portos nunca vistos antes.”

(C. Kavafis: Ítaca)

O anhelo por coñecer a gran Roma seguramente levou ao galego Ramón Vázquez Molezún (1922-93) á cidade eterna tras a obtención dunha bolsa de posgrao para a Academia. Pero, escoitando os consellos de Kavafis en Ítaca, non apresurou a súa viaxe senón que dilatou a súa estanza entre 1949 e 1954, ansioso por descubrir o que entón a España de autarquía e posguerra lle negaba. O que puido ser interese, inicialmente, converteuse nunha auténtica paixón; e acaso, máis tarde, en toda unha forma de vivir.

Atreveríame a dicir que a casa que se fixo construír na praia de Beluso en Bueu, coñecida como “A Roiba” (1969), é o hábitat apropiado para un viaxeiro. A ría de Pontevedra na que se criara de neno ía significar o retorno ao fogar tras un longo, longa viaxe, de case cincuenta anos de vida nada menos, acompañado agora xa da súa propia familia. Todo aquel tempo transcorrido servíralle para entender que a vida é un mero tránsito, para o que apenas se precisa equipaxe. E sabíao de veras, pois se percorreu media Europa a bordo da súa querida Lambretta, unha moto que adoitaba fotografar, cual fiel compañeira de aventuras, xunto aos edificios (modernos e antigos) que ía visitando.

“A Roiba” ergueuse sobre uns muros de contención dunha antiga fábrica de salgadura que permanecían no lugar elixido polo arquitecto. Aqueles restos aceptáronse como propios, servindo de firme áncora á casa que ía repousar enriba. Un de pronto recorda a Ridolfi adoptando unha actitude semellante no seu villino Alatri”, que xusto remataba de rematase na Roma recén descuberta por Vázquez Molezún á súa chegada. Só que aquí, na súa paisaxe natal, o arquitecto coruñés quería afirmar os valores naturais do lugar, deixándose impregnar pola ondada, polos refachos de vento do océano, pola luz que se filtra entre as fuxitivas nubes da costa galega. Aínda que a miúdo se alude á metáfora do barco varado, nada hai aquí de “”arquitectura pola arquitectura”, senón todo o contrario: é a antítese do magnífico Club Náutico de San Sebastián (1928), de Aizpurúa e Labayen.

Máis que unha casa, é un refuxio, unha promesa de habitar rozando a experiencia náutica. A escasa equipaxe do viaxeiro non demanda espazo para grandes posesións no seu interior, só o imprescindible. Unha concisa terraza para sentir ese contacto íntimo co lugar, uns vidros á altura da vista para gozar do panorama mentres se descansa sentado no seu exiguo salón, algúns camarotes onde pasar a noite. Abaixo, un espazo de almacén para as súas barcas, confinado polos vetustos muros que nunca chegaron a impedir a entrada do mar cando este chamaba á porta. Só a cor branca e o xesto inclinado do seu tellado, única diagonal do seu perfil, revela a súa predisposición a erixirse nunha casa, levantando o seu volume como o fan as velas das pequenas embarcacións; aínda que, en realidade, ese espazo elevado da casa é a verdadeira ponte de mando, o reduto do capitán Molezún. Ese home que un día quixo facerse viaxeiro sen saber que, no fondo, acabaría sendo mariñeiro.

Rodrigo Almonacid [r-arquitectura] · doutor arquitecto

valladolid. xullo 2014

(Teruel, 1974). Licenciado en Arquitectura (1999) con premio extraordinario y Doctor “cum laude” en Arquitectura por la Universidad de Valladolid (2013), compagina su actividad académica como profesor doctor de la E.T.S. de Arquitectura de Valladolid con la profesional al frente de su propio estudio [r-arquitectura]. Es autor de dos libros: Mies van der Rohe: el espacio de la ausencia (2006); y El paisaje codificado en la arquitectura de Arne Jacobsen (2016). Colaborador habitual en blogs de actualidad y crítica arquitectónica.

Proyecto edificios singulares y sostenibles en mi estudio [r-arquitectura] desde el año 2000 con la colaboración un equipo multidisciplinar de especialistas de acreditada experiencia profesional. [Especialidad: Sector Terciario].

Asesoro en el desarrollo de estrategias de comunicación 2.0 y marketing digital para actividades relacionadas con la Arquitectura: identidad digital corporativa, branding arquitectónico, community management, planifico y redacto contenidos para blogs/webs.

follow me

Arquivado en: faro, Rodrigo Almonacid Canseco

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,