A arquitectura moderna en Latinoamérica

La arquitectura moderna en Latinoamérica. Antología de autores, obras y textos
A arquitectura moderna en Latinoamérica. Antoloxía de autores, obras e textos

Este libro versa sobre a arquitectura moderna que se construíu en Latinoamérica entre as décadas de 1930 e 1970, e sobre o pensamento que a sustentou. Para iso ofrécese un percorrido por 18 figuras indiscutibles do panorama arquitectónico latinoamericano, que ademais comparten a estreita relación que estableceron entre a súa obra e o seu ideario.

Trátase, pois, dunha ‘antoloxía de autores’. Do mexicano Juan O’Gorman ao chileno Alberto Cruz, a selección abarca aos xa ‘clásicos modernos’: Lúcio Costa, Oscar Niemeyer, Carlos Raúl Villanueva e Luis Barragán.. Pero estes despuntaron nun panorama moito máis extenso, no que figuras como Antonio Bonet, Emilio Duhart, Eladio Dieste, Mario Roberto Álvarez, Félix Candela, Héctor Velarde, Pedro Ramírez Vázquez, Lina Bo Bardi ou Clorindo Testa abonaron o campo ás últimas xeracións. E estas desenvolverían a súa obra sobre bases modernas, aínda que xa nunha clave moito máis persoal, con personaxes como Ricardo Porro, Claudio Caveri e Rogelio Salmona.

Trátase, ademais, dunha ‘antoloxía de obras’. De cada arquitecto escolleuse un edificio que serve de liña argumental para expoñer as intencións e os pensamentos do seu autor.

E trátase, por último, dunha ‘antoloxía de textos’. Dos arquitectos inclúense fragmentos fundamentais, artigos ou capítulos dos libros -algúns mesmo inéditos-, ou transcricións de entrevistas e conferencias. E ademais, cada texto orixinal vai precedido dun comentario elaborado por un crítico experto no panorama latinoamericano, que axudará ao lector para mergullarse no pensamento de cada arquitecto.

Prologado por Ramón Gutiérrez, o libro ofrece unha visión coral das vicisitudes e os intereses que impulsaron a este conxunto de arquitectos, un tanto dispares e afastados física e intelectualmente, a buscar unha arquitectura propia e adecuada ao seu tempo.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,