Espazos para aprender. Arquitectura e Docencia (I) | Raquel Martínez – Alberto Ruiz

Escuela Apollo, Herman Hertzberger, 1980
Escola Apollo, Herman Hertzberger, 1980

Como arquitectos gústanos pensar que a arquitectura que xeramos ten unha incidencia positiva na vida da xente. Trasladado á arquitectura docente, gustaríanos crer que unha boa escola (dende un punto de vista arquitectónico) propicia un mellor ensino. Que un espazo ben formulado, facilita e activa o labor docente nos mestres e a aprendizaxe nos alumnos. Non é posible separar o sistema pedagóxico dos espazos nos que este se desenvolve. Se ben é certo que o compoñente humano – tanto o profesorado coma os alumnos – son o elemento clave do funcionamento de calquera proceso educativo, o certo é que o ambiente, as condicións espaciais, os factores de iluminación, acústica, ventilación ou temperatura, resultan fundamentais no actual ensino.

Segundo as formulacións xerais da arquitectura docente, as necesidades funcionais definiron os espazos, nunha sorte de “forma segue a función” que provocou que a tipoloxía escolar se mantivese case invariable dende as súas orixes. A formulación do ensino de forma unidireccional, mediante un sistema de transmisión-recepción de información foi – e nalgúns casos segue sendo – a base da pedagoxía dende as idades máis temperás. Dende este punto de vista, un espazo educativo tamén unidireccional, tipo “aula”, resulta óptimo. Este recinto, de característica forma rectangular, foi perfeccionado ao longo da historia, pero a súa concepción poucas veces reformulouse. Caracterizouse mediante a iluminación direccional, evolucionouse nos sistemas de comunicación, dotóuselle de elementos de tecnoloxía pero, na súa esencia, segue funcionando mediante un púlpito enfrontado a unha congregación de oíntes.

Louis I. Kahn1 reflexionaba sobre o proceso educativo afirmando que “a escola comezou cun home baixo unha árbore, un home que non sabía que era un mestre, e que se puxo a discutir do que comprendera con algúns outros, que non sabían que eran estudantes”2. Neste proceso de reunión ao abeiro dunha árbore, símbolo de coñecemento, e de discusión entre iguais, pouco ten que ver coa formulación descrita anteriormente. Se ben en todo procedemento pedagóxico resulta necesaria a transmisión de coñecementos, este non se debería basear exclusivamente na diferenza na cantidade de datos atesourados por un respecto aos outros. Non é o obxectivo desta comunicación formular a conveniencia ou non dos procesos pedagóxicos actuais, pero resulta incontestable que estes están a cambiar. A pregunta é,

cambiaron os espazos educativos ao mesmo ritmo que estes procesos?

E se o fixeron,

como influíron nestes cambios?

É certo que determinado tipo de escolas, como algunhas das que veremos a continuación, están moi ligadas a concepcións educativas experimentais, que pouco teñen que ver co ensino máis tradicional, aínda maioritaria a día de hoxe; pero tamén é certo que a evolución natural desta, debería ir ligada a novas concepcións das propostas arquitectónicas, moi afastadas de simples “caixas” contenedoras de alumnos.

Raquel Martínez e Alberto Ruiz
arquitectos, docentes e investigadores
Madrid. marzo 2014

Notas:

1 Louis I. Kahn (1901-1974) arquitecto estadounidense, tamén adicado a docencia.

2 Citado no Blogue de Stepien e Barno. La enseñanza según Louis Kahn.

Bibliografía

Monografías:

GARCIA PABLOS, Rodolfo. Construcciones Escolares. Curso organizado por el gobierno español como colaboración al proyecto principal de la UNESCO. Madrid: Dirección General de Enseñanza Primaria, 1962

LANDROVE, Susana, ed. Equipamientos I. Lugares públicos y nuevos programas, 1925-1965. Registro DoCoMoMo Ibérico. Barcelona: Fundación Caja de Arquitectos: Fundación DOCOMOMO ibérico, 2010

BURGOS RUIZ, Francisco. La arquitectura del aula. Nuevas escuelas madrileñas, 1868-1968. Madrid: Ayuntamiento de Madrid. Área de las Artes, 2007

A.C. Documentos de Actividad Contemporánea. nº 9. Primer trimestre de 1933. Barcelona Madrid San Sebastián: G.A.T.E.P.A.C. (Grupo de Arquitectos y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea), 1931-1937

Recursos en línea:

O Blogue de Stepien e Barno. La enseñanza según Louis Kahn [en línea] Abril de 2010 [Consulta en xullo de 2012] Disponible en web

ALVES GONÇALVES, Polyanna. Herman Hertzberger. Edificios Escolares [en línea]. Outubro de 2009 2010 [Consulta en xullo de 2012] Disponible en web

https://veredes.es/blog/gl/espacios-para-aprender-arquitectura-y-docencia-ii-raquel-martinez-alberto-ruiz/

Es Doctor Arquitecto por la ETSAM, compaginando su actividad profesional con la docencia y la investigación en la URJC. Los artículos son un reflejo de la inquietud, reflexión y pensamiento en torno a mi pasión: la arquitectura.

follow me

Arquivado en: faro, Raquel Martínez - Alberto Ruiz

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,