O público de Callobre | Luis Gil Pita

“Non é a influencia de Giotto en Mondrian, é a influencia de Mondrian en Giottto”.

Aldo van Eyck

Arquitectura e Territorio rural 2013 | Fotografía: rvr arquitectos

O público de Callobre e as xornadas anuais de Arquitectura e Territorio rural da fundación María Martínez Otero na Estrada.

As xornadas de Arquitectura e Territorio rural ue se celebran xa por cuarto ano consecutivo dende o verán de 2011, organizadas pola Fundación María Martínez Otero en Callobre, A estrada, propoñen, segundo os seus mentores e xestores, o estudo de arquitectura RVR, unha reflexión aberta sobre os aconteceres arquitectónicos e urbanísticos actuais nunha xeografía próxima, a de Galicia, tal como se explica na presentación do seu proxecto:

“A percepción do territorio rural de Galicia como un espazo social, construído, faise patente para calquera que o mirase con algo de atención algunha vez. Esa construción do natural, que se fai modélica na materialidade da arquitectura tradicional, na unidade entre a casa e os labores agrícolas ou na concepción dos espazos de comunidade, os campos de festa ou as carballeiras, non fixo senón sufrir unha expansión tan brutal como descontrolada na segunda metade do século XX. Esa transformación de gran parte do territorio nunha especie de cidade xardín dispersa, continua e a grande escala corre paralela ao abandono paulatino da lóxica tradicional casa-agro-aldea sobre a que se estruturaba a forma de vida na sociedade rural.

[…]

Para pensar sobre la globalidad de ese territorio social, y sobre aspectos parciales del mismo que de los que ha de ocuparse la arquitectura como la escala, la actividad, el planeamiento, el paisaje, el espacio público, la movilidad, la energía, la casa, etc. surge este encuentro de “arquitectura y territorio rural“. Lo hace además desde dentro de ese territorio, en la aldea de Callobre, en A Estrada, para conformarse como un lugar desde que emplazar año a año, durante el verano, en una idea también de fiesta y comunidad, a la reflexión, a la interpretación de todo ese mundo, abierto a quien tenga algo que decir y a quien tenga tiempo también para escuchar y ver lo que otros, dentro y fuera de Galicia, dentro y fuera de la arquitectura, puedan contarnos.”

Arquitectura e Territorio rural

Sen lugar a dúbidas, cremos, esta mirada e proposta vén tamén acompañada dunha reflexión máis ampla sobre a arquitectura e a paisaxe actual, que partindo do pretexto do territorio galego non se centra unicamente no propio, senón que é extrapolable no tempo ou a reflexión a calquera espazo-xeografía preocupada polos aconteceres, problemas e transformacións do mundo contemporáneo. A xornada, cuxo tempo vital é un intenso e elongado día, é tamén un encontro sinxelo, afable e gozoso, que se contaxia do ritmo tranquilo da localización no medio da natureza. Unha xeografía rural traballada que se propón como marco lúdico para o diálogo tenso do pensamento reflexivo e a profunda crítica colectiva entre profesionais.

Arquitectura e Territorio rural 2012 | Fotografía: rvr arquitectos

Non obstante, con estas breves palabras sobre a xornada anual de Arquitectura e Territorio, da FMMO, queremos apuntar outro interese, que por obvio pasa naturalmente desapercibido, e referímonos ao feito de participar na xornada no sentido de estar-ser asistentes-público. A fundación como é lóxico en cada convocatoria pon o máximo coidado e esmero en equilibrar o seu proxecto de convidados ou relatores nunha clara liña de articulación entre o próximo e o afastado, entre o consolidado e o que se está a formar, entre o central e o periférico, a través de formulacións que nacen no campo arquitectónico e urbanístico e que se enriquecen e contrapoñen coas sutís trazas de proxectos do campo das artes plásticas contemporáneas.

Pero máis alá desta preocupación natural dos xestores polo proxecto a comunicar na figura dos relatores, na nosa lectura ano tras ano cremos maniféstase por outro lado a crecente importancia dun público altamente imbricar e equilibrador da mesa onde se producen os relatorios. Dalgún xeito e contrarrestando o interese das palabras dos convidados, está o silencio inicial dunha platea, chea de profesionais de diferentes campos que son parte importante talvez da mellor e máis ampla xeración que se formou nestes últimos vinte anos en Galicia. Uns oíntes, que no xeracional son a excelencia dunha xuventude altamente preparada entreverada na madureza profesional doutros, un grupo amplo nas diferentes frontes ás que se aplica o oficio de arquitecto contemporáneo pero cun sentir único nas formulacións éticas do traballo. Un público que se foi formando e combinando en áreas e intereses próximos, pero non únicos, á arquitectura, no que se encontran ademais de arquitectos per se, novos editores tradicionais ou dixitais, fotógrafos, deseñadores de diferentes rexistros, xestores públicos e un longo etcétera arredor do arquitectónico, todos eles ademais cun alto nivel de compromiso. Un conxunto de traballadores da arquitectura nas máis diferentes escalas e espectros do arquitectónico, que son de aquí e traballan aquí, que son de aquí e traballan fóra, que son de fóra e traballan aquí e ás veces pensamos que ese aquí é só a arquitectura, co pretexto de Callobre, de Galicia, para recuperar o sentido perdido do afeccionado, non co significado do afeccionado, senón coa perspectiva semántica do amador, do namorado, que en arquitectura podemos agora pensar que é o que se acomete como cultura do arquitectónico, algo xa tan pouco habitual.

Arquitectura e Territorio rural 2011 | Fotografía: rvr arquitectos

Cremos neste sentido, que a apreciación destes asistentes ou público como algo que subverte o natural e lóxico interese ou valor das propostas dos relatores, é un xiro que vén a concretar un fenómeno, a aparición ou percepción dunha nova xeración de traballadores do oficio da arquitectura entendida como cultura continua, que son unha marca de compromiso co traballo, co oficio cotián e coa sociedade á que serve, que non se dera nun conxunto tan amplo e compacto de profesionais dende fai longo tempo en Galicia, senón por extraordinarias excepcións. Non sabemos se Callobre dará nome a esta xeración, pero se estamos seguros de que esta xeración recordará dentro de anos o que veu sucedendo nos veráns de Callobre.

Pensamos entón que o esforzo anual da convocatoria das xornadas de arquitectura e territorio que realizan a Fundación María Martínez Otero e os arquitectos RVR, José Valladares, Marcial Rodríguez e Alberto Redondo, é dobremente importante e merece o agradecemento por facer visible, conectar e formalizar a esta imprescindible e ampla nova xeración de profesionais arquitectónicos galegos (non estritamente da arquitectura, como explicamos) que deixan de ser a platea fronte aos relatores para ser o outro foco de atención deste intenso e fermoso proxecto anual. Como diría nunha das súas subversivas charlas Aldo van Eyck non chegamos aquí para falar da influencia de Giotto en Mondrian, senón da influencia de Mondrian en Giotto…

Luis Gil Pita. arquitecto

santiago de compostela. xullo 2014

Luis Gil Pita

Arquitecto por la ETSA de A Coruña en 1997, desde ese año colabora en el estudio de Manuel Gallego Jorreto hasta 1999. Becado de investigación en Holanda en 2000-1, con un estudio sobre lo fronterizo y liminar en arquitectura, por la Diputación de A Coruña, fue posteriormente Profesor invitado en el área de proyectos de la Facultad de Arquitectura de Guimaráes, Universidade do Minho, del 2001 hasta el 2007. Desde el inicio de su carrera ha publicado asíduamente artículos y ha participado como editor en diferentes publicaciones alrededor de la arquitectura.

follow me

Arquivado en: artigos, Luis Gil Pita

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,