Crimes e réplicas | Pedro Hernández

Foto propia dunha foto da exposición de Adela Goldbard no Polyforum Siqueiros (Cidade de México)

Dun tempo a esta parte dous obsesións perséguenme. Dúas obsesións que poderían ser só unha. O crime e a súa réplica. Todo empeza dunha frase de Bernard Tschumi: “To really appreciate architecture, you may even need to commit a murder”. O crime como forma de coñecemento espacial. Pero ¿cal podería ser o asasinato ao que nos alude Tschumi e como podería axudarnos a (des)coñecer o mundo?

Replicar é definido como repetir o que xa se fixo. A réplica é copia. Vémola nos museos todos os días. Moitas das pezas que asistimos non son en realidade orixinais, senón dobres deliberados que nos é ofrecido como verdade co fin de protexer a peza orixinal. Así, fascinámonos con crer como verdade obxectos ficticios, nunha ilusión que dilúe as fronteiras entre a realidade e a ficción. Sabémolo, pero non nos importa, necesitamos crer que son pezas auténticas e encargámonos de reproducilos nas nosas cámaras unha vez máis. O mundo é de novo replicado, capturado na imaxe, replicándose e repetíndose ao infinito. A vida, non sería máis que un simulacro revestido de realidade. Aludindo a Jean Baudrillard estamos ante “a historia dun crime: do asasinato da realidade. E do exterminio dunha ilusión: a ilusión vital, a ilusión radical do mundo”. En O crime perfecto, Baudrillard exponnos como a idea de simulacro invadiu a realidade ata converterse na realidade mesma. A réplica para o autor francés é unha forma de morte e asasinato da realidade. Pero a palabra réplica ten outra concepción na súa definición. Replicar é responder un argumento. Así, poderiamos pensar ao mesmo tempo a réplica como copia e resposta á realidade. Copiar para crear algo novo que conteste ao “orixinal” dende este mesmo, nun infinito xogo de referencias cruzadas. O que replica é asasino, creador e copista. Pero ao mesmo tempo é forense desa realidade asasinada. Porque replicar supón reproducila e tamén a coñecer para poder copiala. Replicar é cometer o asasinato e ao mesmo tempo desentrañalo. Ese é o traballo que levan realizando anos os media ou a prensa. Máximos responsables da reprodución do mundo en papel.

A prensa constrúe narrativas e imaxes pero tamén arquitecturas, espazos e ficcións. Nas súas páxinas constrúese, destrúese e replícase a realidade (e o seu dobre). Reprodución (réplica) que ten algo de copia, algo de simulacro e algo de ficción. Algo que se desvela no traballo da fotógrafa mexicana no seu traballo A illa da fantasía onde reproduce escenas de accidentes aéreos, crimes que se converten no caldo de cultivo da prensa, que se alimenta deles e se estira e deforma. A realidade é aos ollos de moitos mexicanos só papel. Ese mesmo papel que a fotógrafa utiliza para realizar as pezas que logo retrata. Avións e realidades construídas como piñatas, que son traballo artesanal e metáfora da fraxilidade do sistema, e que non é senón outro xeito de aludir de novo á concepción de replica da realidade, que se presenta estraña. Así, “o crime nunca é perfecto, pois o mundo se traizoa polas aparencias, que son as pegadas da súa inexistencia, as pegadas da continuidade da nada, xa que a propia nada, a continuidade da nada, deixa pegadas” 1 .

A realidade de Goldbard é construída pero expónsenos a conspiración da súa montaxe. Nós, lectores das imaxes, seremos entón como o fotógrafo protagonista da película Blow-up. Consumimos imaxes que encerran algún tipo de estrañeza. As imaxes de Adela Goldbard somérxennos nun mundo onde algo non encaixa. Como co protagonista do filme, a nosa sorpresa chegará posteriormente, cando ao observar con detemento a fotografía creremos ter capturado un asasinato (un que pode ser real e o da realidade mesma). Tanto nós coma o noso protagonista – cuxo nome ben puidera ser Sergio Larraín, Julio Cortazar, Michelangelo Antonioni ou Joan Fontcuberta2 – asustados co descubrimento, acudiremos á fonte. En efecto, a exposición de Goldmand ofrece esa oportunidade visitando noticias de prensa que nos falan dos sucesos. Un “arquivo morto”, en palabras de Goldman. Necesitamos comprobar que existe un corpo-victima. Medilo e recoñecelo. Pero o crime cara á realidade xa é irreversible. Xa nunca poderemos estar seguros de “se existe distinción ningunha entre imaxe, ilusión e a experiencia do real” (3 y 4 ).

Pedro Hernández · arquitecto

cidade de méxico. xullo 2013

Notas:

1 Baudrillard, Jean. El crimen perfecto. Anagrama, Barcelona, 1996, pp. 205, Tit.Orig: Le crime parfait. Editions Galilée, Paris, 1995.

2 Este personaxe múltiple é Sergio Larraín, fotógrafo chileno no que se inspirase Julio Cortazar para escribir Las babas del diablo (texto publicado en 1959 como parte das armas secretas). Á súa vez, este conto servirá de referencia a Michelangelo Antonioni na súa película Blow up que retomará o fotógrafo Joan Fontcuberta na súa peza Blow up, Blow up. Creando un xogo de referencias múltiples que non fan senón ampliar e reformular a historia baixo distintos formatos e visións. Realidade reproducida dende a ficción..

3 Foncuberta, Joan. Blow up Blow up. Cáceres: Editorial Periférica, 2010.

4 Isto é especialmente destacable, xa que eu, como estranxeiro, descoñezo case todos os casos que se expoñen na prensa. Dese xeito, ao enfrontarse á documentación tras as fotografías de Goldbard, un non pode se non dubidar se o arquivo constitúe parte dunha montaxe máis ampla.

Soy arquitecto por la Universidad de Alicante, pero mi interés sobre esta disciplina se encuentra alejado de su papel tradicional de diseño de espacios. Más bien, me interesa entender cómo las representaciones de la arquitectura, el paisaje, el diseño o el territorio construyen y materializan determinados discursos ideológicos, imponiendo posturas, subjetividades y formas de acción sobre los cuerpos que la habitan.

En mi trabajo edito estos discursos –sus imágenes, sus historias o sus restos materiales– y reelaboro comentarios críticos que ponen en evidencia sus controversias y contradicciones, formalizándolos en diversos formatos como textos, fotografías, vídeos, objetos o instalaciones, muchas veces entrecruzados entre sí.

He publicado artículos y ensayos en diversos medios de Estados Unidos, Italia, Croacia, España, Chile y México. Desde enero de 2013-2018 residí en la Ciudad de México donde trabajaba como coordinador de contenidos en Arquine. Actualmente resido en Madrid.

follow me

Arquivado en: artigos, Pedro Hérnandez Martínez

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,