Centro de Saude de A Barrela | Manuel Vázquez Muíño

Centro de Saúde como lugar de encontro social, cubrindo carencias existentes do lugar. Edificio como xerador de espazo urbano: retranqueándose da rúa créase unha praza de acceso; separándose dunha das medianeras o edificio deixa paso a un xardín traseiro. O vestíbulo como elemento transparente que une ambos espazos.

Centro de Saúde como lugar de encontro social, cubrindo carencias existentes do lugar. Edificio como xerador de espazo urbano: retranqueándose da rúa créase unha praza de acceso; separándose dunha das medianeras o edificio deixa paso a un xardín traseiro. O vestíbulo como elemento transparente que une ambos espazos.

Un prisma rotundo de zinc apoiado sobre muros de hormigón que saen, entran, desaparecen, móvense,… xerando distintos espazos e ambientes, transparencias e sombras. Entrada a cuberto, fundamental en Galicia.

Planta baixa para recepción, locais técnicos e zona de pediatría, que se envorca a un patio para que xoguen os nenos. Planta alta para zona de persoal e consultas de medicina xeral. As esperas envorcadas cara á praza dianteira e cara ás vistas do val. A celosía de aluminio microperforado e as árbores da praza como tamiz cara ás vistas e como protección solar.

Materiais, texturas, transparencias, cores, proporcións, cheiros, xuntas,… como elementos do proxecto. A imaxinación como recurso necesario e desexado.

Proxectar sen pretensións, máis aló de intentar resolver adecuadamente un programa a través de conceptos sinxelos e espazos agradables, que non é pouco.

Obra: Centro de Saude de A Barrela

Autor: Manuel Vázquez Muíño

Colaboradores: Roberto Regatos Gómez

Promotor: Sergas. Xunta de Galicia

Constructora: Construcciones Gómez Crespo

Ano proxecto: 2006

Ano construcción: 2007-2010

Emplazamento: c/ Cea. A Barrela. Concello de Carballedo, Lugo, Galicia, España

Superficie: 1035m2

Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ vazquezmuino.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , ,