Arquitectura de Brasil: Affonso Eduardo Reidy

Entre os introductores, da man de Lle Corbusier, da arquitectura moderna en Brasil, ademais de Lucio Costa e Óscar Niemeyer, non podería deixarse de citar á carioca Affonso Eduardo Reidy, quen a pesar de ter menos obra construída -que non proxectos- e de dedicarse case exclusivamente á función pública, achegou obras fundamentais á historiografía da arquitectura moderna, como o Museo de Arte Moderna (MAM) e o Conxunto Residencial Pedregulho, ambos en Río de Janeiro.

A pesar de que na Escola Nacional de Belas Artes carioca, na que estudou arquitectura, imperaba aínda o modelo de ensino academicista, e de que o mozo Affonso Eduardo, realizou prácticas no estudo de urbanismo do tamén historicista Alfred Agache, responsable do Plan Director da cidade e un dos primeiros do país, pronto se interesou polas ideas e a arquitectura de Le Corbusier.

Posteriormente formaría parte do equipo integrado por Carlos Leão, Jorge Moreira, Óscar Niemeyer, Ernani Vasconcellos, Roberto Burle Marx e dirixido por Lúcio Costa, responsable do proxecto para o Ministerio de Educación e Saúde en Río de Janeiro, que contou coa intervención estelar do mestre franco-suízo, proxecto que se considera clave para a introdución dos principios modernos en Brasil.

Affonso Eduardo Reidy | arquibooks.blogspot.com

[…]

+ artigo publicado en migrandtour.blogspot.com

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectos, capturas

Tags: , , , , , , , , , , ,