Aristide Antonas | Pedro Hernández

Timber Frame House | Aristide Antonas

Aínda que Aristide Antonas (@antonas) ten web, desa propias dun arquitecto, que recollen os seus escritos, os seus proxectos e similar; e aínda que esta debidamente publicado, tanto en papel coma en internet; hei de dicir que eu non o coñecín por eses medios, senón a través da súa conta de Flickr, moito antes da cal esta mesma web estivese na miña cabeza, cando a miña única relación con internet se cara á través das fotografías que colgaba na miña propia páxina.

Pero non nos descentremos. Se entramos no seu Flickr atoparemos tanto fotos realizadas polo mesmo Antonas como proxectos de arquitectura ¿experimental?.

Se empezamos por mirar exclusivamente as súas fotos hai un par de cousas que chaman a atención: o uso practicamente constante do branco e negro, contrastando luz e sombra; e o punto de vista e o que se retrata: esquinas, fragmentos, elementos industriais, paisaxes transformadas…; aspectos que xuntos rematan por rebordar plasticidade e delicadeza na mirada.

Amphitheater House | Aristide Antonas

Esta mesma mirada remata por materializarse nos seus propios proxectos, que Antonas explica mediante a utilización do debuxo a man e especialmente da fotomontaxe e onde volven aparecer temáticas similares ás que retrata coa cámara. A representación dos seus proxectos é aparentemente fría e estraña, pero que rematan por construír unha atmosfera que invita a investigar, coma se as propias imaxes nos contasen historias máis alá do que se pode ver.

Os seus proxectos rematan por construír mundos próximos á reciclaxe ou á arqueoloxía tanto de materiais, de máquinas, de medios de transporte ou de espazos industriais e degradados que parecen acabar por cuestionar a condición de refugallo e, en última instancia, o propio xeito do habitar.

Pedro Hernández · arquitecto

ciudad de méxico. febreiro 2014

Soy arquitecto por la Universidad de Alicante, pero mi interés sobre esta disciplina se encuentra alejado de su papel tradicional de diseño de espacios. Más bien, me interesa entender cómo las representaciones de la arquitectura, el paisaje, el diseño o el territorio construyen y materializan determinados discursos ideológicos, imponiendo posturas, subjetividades y formas de acción sobre los cuerpos que la habitan.

En mi trabajo edito estos discursos –sus imágenes, sus historias o sus restos materiales– y reelaboro comentarios críticos que ponen en evidencia sus controversias y contradicciones, formalizándolos en diversos formatos como textos, fotografías, vídeos, objetos o instalaciones, muchas veces entrecruzados entre sí.

He publicado artículos y ensayos en diversos medios de Estados Unidos, Italia, Croacia, España, Chile y México. Desde enero de 2013-2018 residí en la Ciudad de México donde trabajaba como coordinador de contenidos en Arquine. Actualmente resido en Madrid.

follow me

Arquivado en: artigos, Pedro Hérnandez Martínez

Tags: , , , , , , ,