7ª edición do Festival Internacional de Arquitectura eme3

A última semana de xuño do 2012, Barcelona volverá ser escenario da 7ª edición do Festival Internacional de Arquitectura eme3. Por segundo ano consecutivo, o Festival emplazará a súa sé central no COAC (Col·legi Oficial d’Arquitectes de Catalunya), así como no espazo eme3 situado na contigua Praza da Catedral de Barcelona. Retómanse nesta edición as intervencións e organización de actividades en diferentes espazos urbanos do centro da cidade (Ciutat Vella).

Tácticas urbanas, cidade inclusiva, hortos urbanos, aprovechamiento de solares en desuso, estratexias evolutivas, deseño participativo, traballos en rede, open-source, creative communities, son algúns dos conceptos que emergen nos ultimos anos para describir unha tendencia crecente de proxectos fóra das prácticas convencionais que resolven situacións urbanas, creando novas oportunidades para o cidadán/usuario. Na fronteira entre arquitectura, urbanismo, paisajismo, infraestructura, deseño e o mundo digital, eses proxectos son froito de metodoloxías cambiantes que se adaptan ao contexto.

Baixo o concepto de “BOTTOM-UP” (de abaixo cara arriba), eme3 quere presentar metodoloxías de traballo e os seus resultados, en forma de intervencións urbanas estratéxicas, participativas e transversales, que ilustran un proceso de creación e de construción, á vez que pedagóxico e pragmático, dunha contorna decidida conxuntamente.

A través dunha chamada a proxectos e expertos invitados, eme3 presenta propostas de equipos nacionais e internacionais que traballan con estratexias específicas para xerar cambios proxectos de equipos tanto nacionais como internacionais que traballan con estratexias singulares para xerar cambios en contextos urbanos e sociais concretos. Cada unha ao seu xeito, esas iniciativas demostran que existen outros xeitos de exercer a profesión, e o seu recoñecemento crecente, tanto no mundo académico como no mundo profesional a través de premios e recoñecementos públicos, é un sinal inequívoco dunha evolución en curso. Os proxectos presentados, nazan de encargos ou de iniciativas propias, generalmente son froito de procesos de concertación entre os diferentes actores (usuarios, poderes públicos e privados) tendo como eixe común o usuario final. Como ben di Yona Friedman

en ‘Arquitectura coa xente, pola xente, para a xente’.

‘A arquitectura ten que concibirse coa xente, e ser materializada, na medida do posible, pola xente. O término ‘para a xente’ é evidente. Isto non significa que o arquitecto non teña ningún papel no proceso: pode aportar ideas, técnicas, estéticas novas, que terán que ser validadas coa xente, pola xente, para a xente únicamente. Por certo, os arquitectos tamén son xente… pertencen á xente’.

En eme3_2012, presentamos os proxectos baixo duas categorías:

1. “Share-it”: mostra de exemplos de proxectos e unha serie de accións para compartir experiencias a través de exposicións, instalacións, accións, charlas, workshops e debates.

2. “Build-it”: intervencións urbanas en solares de Ciutat Vella, en forma de experimentación e aprendizaxe comunitarios, para reactivar solares infrautilizados ou en desuso.

Os equipos seleccionados, tanto aqueles que teñen unha longa traxectoria como os máis emerxentes, presentaron proxectos que transmiten unha carga de optimismo e que intentan, na súa medida, dar a posibilidade aos cidadáns de redescubrir e compartir os espazos públicos das nosas cidades, enriquecendo o panorama de ‘o posible’. Son novos xeitos de construír a cidade e de aportar día a día alternativas de vida aos seus cidadáns.

Eme3, como plataforma colectiva de exploración, coñecemento e investigación sobre a evolución e transformación de prácticas culturais e sociais sobre o político e o urbano, invita a profesionais e público xeral a descubrir e vivir novas estratexias para cambiar conjuntamente a cidade.

+ eme3.org

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,