2º Congreso Deseño Aberto/Creatividade Compartida

A segunda edición do congreso “Deseño Aberto/Creatividade Compartida” terá lugar o 5 e o 6 de xullo en Barcelona, no marco do festival de deseño e arquitectura FADfest. Tralo éxito da pasada edición do Congreso Internacional Deseño Aberto / Creatividade compartida, o ODSC chega á súa segunda edición co obxectivo de converterse nun espazo de reflexión anual sobre a cultura do deseño aberto e o seu potencial nas profesións creativas. O obxectivo deste encontro, comisariado pola historiadora do deseño Viviana Narotzky, é ofrecer un espazo privilexiado no que abordar o novo escenario creativo que permite a tecnoloxía digital, o mundo en rede e a urxencia da cultura libre.

Desde un enfoque global e multidisciplinario o congreso explorará como as industrias creativas e a sociedade en xeral poden reinventarse desde as vías de comunicación abertas e a transmisión libre de información, fenómenos en plena efervescencia, que están xerando novos modelos de negocio, procesos creativos innovadores e prácticas de consumo participativas.

As xornadas contarán coa participación de máis de 20 ponentes e unha variedade de proxectos que desde distintas areas traballan a filosofía do deseño aberto e a colaboración creativa.

Algúns ponentes do congreso:
Ezio Manzini: un dos maiores expertos en deseño sostenible a nivel mundial.
David Cuartielles: cofundador do proxecto Arduino: electrònica de código aberto de fácil uso para diseñadores de proxectos interactivos.
Daniel Charny: cofundador do proxecto creativo e social Fixperts.
Sam Muirhead, realizador neo celandés que está documentando un ano de vida o máis de código aberto posible: Year of Open Source
Cecilia Palmer, diseñadora da marca de roupa de código aberto Pamoyo.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones, ferias

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,