Un día de 1958 | Borja López Cotelo

5 (100%) 1 vote

Sverre Fehn | Raili Pietilä

O sol brillaba no ceo de Bruxelas abrasando os visitantes da explanada de Heysel. Sverre e Reima bebían, a pequenos sorbos, un café africano. Reima respirou fondo, pensou uns segundos, e dixo:

-Segundo se aprende a imaxinar con maior e maior concentración deixas de poder traballar con obxectos ou esquemas prefabricados… Lo realmente imaxinable é o que realmente necesito. Presupoño que existe subxectivamente; ao facelo, rompo con toda a tradición cultural europea, e vostede podería dicir que son un chamán.1

A cara de Sverre contraeuse nun aceno. En certo modo, estaba de acordo con ese finlandés:

-As construcións realizadas polos animais son racionalistas: precisas e inmutables, son sempre iguais cada día e cada ano… – Tras un longo trago de café, engadiu- El modo de pensar do home, en cambio, non é rixidamente racional e lóxico; comprende chistes, mentiras, caprichos irracionais. Se a arquitectura é completamente racional, os homes convértense en animales..2

Exposición Universal de Bruselas, vista xeral. Via Flickr, por ElectroSpark

A conversa interrompeuse. Un neno disfrazado de cosmonauta chamou a atención de Reima e Sverre para preguntar onde estaba o Sputnik; sinalaron cara ao pavillón da U.R.S.S. e durante uns segundos observaron como se afastaba apresuradamente naquela dirección. De fondo escoitábase un partido no que Garrincha se divertía cos defensas soviéticos. Paralo non parecía tan sinxelo como poñer en órbita un satélite. Reima continuou:

-O ritmo da miña linguaxe inflúe nas formas que debuxo, expresa os meus trazos, delimita as miñas superficies. As expresións locais e o vocabulario rexional son elementos do meu xenuíno xeito de expresar a arquitectura… Penso no meu idioma nativo, en finlandés. Falo mentres traballo, o ritmo e a entoación do finlandés gobernan os movementos do meu lapis. ¿Debuxo en finlandés?3

Sverre estalou nunha gargallada. ¿Debuxaba el en noruegués? Tras uns segundos, replicou:

-Traballamos con letras, cun alfabeto, escribimos unha historia… Veo os materiais como as letras que utilizamos para escribir os nosos pensamentos poéticos.4

Reima Pietilä, bocetos para a residencia presidencial de Finlandia Mäntyniemi, 1983

Nese momento pasaron fronte a eles os dous homes de pequena estatura falando un idioma que nin Reima nin Sverre coñecían. Só acertaron a identificar a palabra hexágono. Sverre mirou máis alá; a xente amontoábase na porta do pavillón francés. Era feliz mentres imaxinaba que despois irían a visitar o seu pavillón, ou o de Reima. Quería gozar desa mañá de verán porque intuía que a súa tristura o estaría a esperar sempre aí… escondida, poñéndose guapa.

Sverre confesou:

-Nunca me considerei un moderno, aínda que sen dúbida ao principio absorbín o mundo antimonumental e pictórico de Le Corbusier. O funcionalismo descubriu un mundo novo, o das aldeas de Grecia, Italia e o Norte de África…Y nós, nacidos á sombra da modernidade, fomos a velo cos nosos propios ojos.5

Axitado por esasverbas, Reima exclamou:

-¿Acaso cada xeración non ten claros os seus propios campos e esprémeos ao máximo antes de que desaparezan? -Inquiriu retórico- Claro que, por outra parte, eses rebeldes pioneiros avanzaron cegamente ata o bordo deixando tras eles parte dos froitos para os que viñan detrás. ¡Aí o tes! Empecei a pensalo hai moito tempo, e sigo pensando o mesmo.6 -Bebeu o último trago do seu café e proseguiu- La tradición moderna é unha árbore, un madeiro da cultura. Teño a hipótese de que ata agora non utilizamos máis que un 30% do madeiro. Un 70% permanece latente.7

Facíase tarde. Reima púxose de pé e sacou unha moeda. Mentres a apoiaba na mesa, agregou:

-¿Soportarán as obras mestras da arquitectura a avaliación final da historia? ¿Que avaliación final? ¿Que historia?.8 –Gardou a súa carteira e comezou a camiñar cara á avenida principal.

Sverre Fehn, boceto da viaxe a Marruecos (1951)

A radio emitía agora un prolongado acorde eléctrico. Talvez Muddy Waters. Sverre pechou con forza os ollos e levantou o seu rostro cara ao sol de mediodía.

Entón comezou a recordar aquel inverno en Marrocos:

-En África encontrei un modo de construír moi sinxelo- díxose a si mesmo. – Alí, no deserto, un cubo cunha puertecita e ás veces unha ventá, talvez unha palmeira ao lado… e xa está.9

Borja López Cotelo. Doctor arquitecto

A Coruña. febreiro 2012

Notas:

1 Reima Pietilä, en conversa con Kaisa Broner-Bauer. Ver VV.AA. (1995) ‘Price, Culot, Pietilä. De la pasión de la tierra’. Revista Fisuras, no.2, p.7

2 Extracto duhna entrevista publicada en 1992 baixo o título de ‘Unha autobiografía arquitectónica’, incluido en: NORBERG-SCHULZ, Ch. & G. POSTIGLIONE [1997]2007. Sverre Fehn. Opera Completa. Milán, Mondadori Electa S.p.A., p.279

3 Reima Pietilä en ARTTO, A., R. CONNAH e outros (1985). Pietilä. Intermediate zones in modern architecture. Helsinki, Museum of Finish Architecture, p.9

4 VV.AA.: ‘Sverre Fehn. Above and Below the Horizon’. a+u, Architecture and Urbanism, no.340, p. 17

5 Extracto dunha conversación entre Mathilde Petri e Sverre Fehn. Ver NORBERG-SCHULZ, Ch. & G. POSTIGLIONE, Op. cit., p. 286.

6 R. Pietilä en JOHANSSON, E., K. PAATERO, T. TUOMI (2009). Raili:Reima Pietilä. Un desafío a arquitectura moderna. Madrid, Fundación ICO, p. 20

7 Ibid., p. 70

8 R. Pietilä en ARTTO, A., R. CONNAH e outros: Op. cit., p.24

9 Sverre Fehn en NORBERG-SCHULZ, Ch. & G. POSTIGLIONE, Op. cit., p. 281

Borja López Cotelo

Borja López Cotelo, arquitecto por la ETSAC desde 2007, y doctor por la UdC desde 2013.

follow me

Arquivado en: artigos, Borja López Cotelo

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,