Un caminar atento | José Valladares

Sobre o traballo de Juan Domingo Santos

Juan Domingo di de Alvaro Siza que é capaz de ver aquilo que está oculto, as liñas ocultas das cousas, el dio e eu penso inmediatamente nun zahorí. E tamén penso, nas dúas ou tres veces que lle escoitei explicar algún proxecto, en que o traballo de Juan Domingo é como un paseo polos lugares, urbanos ou rurales tanto dá, nos que lle vai tocando traballar. É un paseo en que parece que Juan camiña despreocupado e atento á vez, e sobre o que constrúe o seu traballo, nunha especie de deambular continuo polo lugar en que a propia acción de estar por aí e mirar achegaralle ás cousas que suceden, a esas liñas ocultas das que antes falaba, que vai recoller coma se fosen froitos de aquí e alá: a memoria dunhas xentes, os restos de algo xa construído, unhas árbores tiradas por un temporal, ou un curso de auga. Cousas, ou anacos de cousas, que vai xuntando paciente e metendo na súa zurrón de caminante para facer de todas elas a materia coa que fai o seu traballo, permitindo á vez que o proxecto deixe sitio para que a obra alume algo novo, onde tamén cabo o inesperado e o estraño azar.

por Juan Domingo Santos

É unha forma que me parece moi fermosa de facer as cousas: despreocupadamente atento.

José Valladares, arquitecto
Compostela,  xaneiro 2012

José Valladares Durán

Arquitecto por la ETSA Barcelona, 1996 y socio fundador del estudio rvr arquitectos ubicado en Santiago de Compostela.

follow me

Arquivado en: artigos, José Valladares Durán

Tags: , , , , , ,