Retratos a través dos ollos dun miope (VII) | epR


Gunnar Asplund e o seu némesis.

Pelexa de galos

Gunnar foi a bisagra entre o xélido clasicismo sueco e os ventos que sopraban do sur.

Un mestre refinado e visionario.

En 1915, mentres Europa se desangraba, concibiu o máis fermoso cemiterio contemporáneo.

Pero Gunnar non estaba só.

Ao seu lado había unha sombra embozada, esquiva mesmo para o obxectivo fotográfico. Podería chamarse Sigurd.

Logo os seus camiños separáronse.

Gunnar aceptou con énfase a modernidade e foi paseado a ombros polos seus coetáneos. Estocolmo, Gotemburgo, Stennäs.

A sombra, pola súa banda, perdeuse durante décadas para reaparecer nos seus días postremeiros no remoto Klippan e o impronunciable Bjorkhagen.

No seu leito de morte, Gunnar preguntouse se tanto esforzo pagara a pena.

El primo Ramón

Concepción, Chile, inverno de 2014

Arquivado en: el primo Ramón, nasa

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,