Reforma interior de apartamento en Vigo | Patiño+Prieto

Nun antigo almacén de libros situado no centro de Vigo, realizouse unha segregación para situar unha oficina técnica, e unha vivenda.

O espazo resultante conta coa peculiaridade das súas dimensións, 40 metros de longo por 3 de ancho, e do acceso de luz, a través dunha única fiestra na fachada oeste do edificio e varios patios que introducen luz a todo o edificio aproveitados como lucernarios da vivenda.

A vivenda configurada a modo de loft, desenvolve o seu programa con estancias abertas no seu parte central para vestíbulo, salón e cociña e dúas habitacións nas cabeceras.

Para desenvolver o programa sen divisións introdúcense, apoiándose na modulación estructural do edificio, tres elementos de menor altura, a modo de caixa, que reducen a escala e fragmentan os espazos abertos, humanizando o ambiente. Nelas dispóñense os servizos: baño, lavadero-tendedero e acceso.

Aproveitando a altura do local no teito destes elementos dispóñense servizos adicionais como o cuarto de instalacións, o trasteiro e unha cama para invitados.

As instalacións de auga, electricidade e aire, dado que forman parte dunha reforma dun espazo existente, introdúcense visibles por medio de conducións en superficie, descolgadas do teito e integradas, formando parte da decoración desta, correspondente a unha proposta de baixo custo e máxima sinceridad constructiva.

Obra: Reforma interior de apartamento en Vigo

Autores: Faustino Patiño Cambeiro+Juan Ignacio Prieto López

Colaboradores: Óscar Sánchez Raño

Inxeñería e consultoría técnica: COTPA s.l.

Emplazamento: Vigo, Pontevedra, Galicia, España

Ano: 2009

Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ [en construcción]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , ,