Protocolos


Protocolos sexto experimento bartlebooth mag o1

“…Unha serie de protocolos coidadosamente definidos e coordinados entre diferentes axentes marcaban unha transformación histórica, onde o resultado final era un produto inesperado fronte ao control absoluto sobre cada unha das partes. Do obxecto pasábase ao proceso, do hardware ao software.

Fronte a unha arquitectura definida en cada punto, cada viga, cada alicerce, onde nada escapa ao control absoluto dos proyectistas aparecía, en todas as pantallas de televisión, unha transformación arquitectónica definida exclusivamente a través de directrices, axentes e vectores, onde o inesperado e o continxente facían aparición, e o resultado final carecía de calquera valor.

Os protocolos cobraban a través da acción dos terroristas, ese 11 de setembro, unha nova magnitude á hora de entender os procesos e mecanismos de construción -e destrución- do espazo.”

(Extracto da editorial)

Este sexto experimento propón profundar nos protocolos, entendidos como vectores activos na construción do espazo. Leis, normativas, instrucións de uso, regulacións, advertencias, códigos técnicos, actas notariais, xurisprudencias, códigos de comportamento, patróns, sentenzas xudiciais, prohibicións, follas de ruta, accións, patentes, softwares. Fronte ao deseño de obxectos pechados, a creación de ferramentas que xeran posibilidades de uso e transformación, onde o peso central non reside no resultado senón no proceso.

Doce reflexións complementarias nas que atoparemos visións sobre a xustiza espacial, traceurs percorrendo cemiterios, zonas francas e parques tecnolóxicos, hoteis ilegais sobre parques naturais, protocolos artísticos para implementar na arquitectura, pregos de condicións a través dos cales transformar a periferia, instrucións para xerar arquitecturas orientadas a prácticas sexuais disidentes, augas internacionais desprazadas, plans para expropiar escritos por un famoso atracador de bancos ou como unha serie de decisións políticas e un Bulldozer poden construír un dramático proxecto arquitectónico.

Protocolos sexto experimento bartlebooth mag o2

Este experimento fórmano: Edición limita e numerada de 750 exemplares.

· Zone: The Spatial Softwares of Extrastatecraft.

Keller Easterling

· The Movement of Spatial Justice.

Andreas Philopopoulos-MIhalopoulos

· Bulldozer Politics.

Léopold Lambert

· Glossary of Boot Protocols: New Spatial Practices in Art and Architecture.

Ángela Juarranz

· Potentia Gaudendi.

VenidaDevenida

· Desterritorializacións.

Alejandro Cantera

· Revisitando o Algarrobico.

n’UNDO

· Ser e Durar.

Democracia

· Acción moral desplazada. Crecemento exponencial.

Núria Güell y Levi Orta

· Lines in Water.

Giuditta Vendrame

· Copyright no bazar. Catro definicións de arquitectura na era informacional.

Lluis Juan Liñán

· Partir-repartir: Protocolos colaborativos de traballo.

COLAB (Gaizka Altuna, Begoña de Abajo, Enrique Espinosa e Almudena Ribot).

Protocolos sexto experimento bartlebooth mag o3

Nº de páginas: 288 páginas.
Tamaño: 148×210 mm.
Impresión offset a 1 tinta. Encuadernación cosida.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,