Pioneiras da arquitectura

5 (100%) 1 vote

Pioneras de la arquitectura

No século XX a muller conseguiu abrirse paso no mundo profesional. No campo da arquitectura o ascenso cara á súa consideración laboral foi graduado: incorporouse, en primeira instancia, a través de disciplinas como o deseño de interiores, mobiliario e diversas decoracións.

Este ciclo de conferencias terá como protagonistas a catro pioneiras cuxas carreiras deron un novo sentido á arquitectura: Eileen Gray (Enniscorthy, Irlanda, 1878-París, 1976), Lilly Reich (Berlín, 1885-1947), Margarete Schütte-Lihotzky (Viena, 1897-2000) e Charlotte Perriand  (París, 1903-1999).

Nas traxectorias profesionais destas catro arquitectas aparecen colaboracións coas grandes figuras do momento, como Lle Corbusier, Mies van der Rohe ou Ernst May, cuxos nomes en ocasións puideron eclipsar a obra e talento delas.

Ata o último século a educación e a laboriosidade femininas estiveron delimitadas polas paredes do fogar, polo que os logros destas catro pioneiras da arquitectura, que trazaron novos límites e levantaron cimentos, deseñaron interiores e exteriores de novos modelos de casas e edificios, foron cruciais para a nova proxección da muller.

Programa das conferencias.

Martes 6 de novembro
Beatriz Colomina
Domesticidade e poder: Eileen Gray e E.1027

Xoves 8 de novembro
Carmen Espegel
Lilly Reich: o espírito do material

Martes 13 de novembro
Fuensanta Nieto de la Cierva
Margarete Schütte-Lihotzky

Jueves 15 de novembro
Ángela García de Paredes
Charlotte Perriand: arquitecta do Movemento Moderno

Ciclo de conferencias
Pioneiras da arquitectura
6, 8, 13 e 15 novembre 2018 en FUNDACIÓN JUAN MARCH

En directo por Canal March

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,