Ourense imaxinado


OURENSE IMAXINADO é o percorrido por un Ourense que non existiu, pero recoñecible a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.

A exposición articúlase en tres bloques ao redor da foto aérea baixo o lucernario central, nesta instalación lígase o Real [ortofoto] co Imaxinado [planimetría dos proxectos elevados 70 cm.].

EQUIPAMENTOS [1913-1949] Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta, equipamentos que aínda non se fixeron realidade, deixaron pouso na cidadanía e aínda hoxe son reivindicados; como o Gran Balneario nas Burgas.

EXPANSIÓN [1947-1961] Tres proxectos urbanos que buscan a evolución e expansión de Ourense despois da anexión de Canedo. Enmarcados no crecemento da segunda metade do s.XX [Plan Parcial das Lagoas] e o comezo do XXI [Ronda Bulevar].

MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda dende tres puntos de vista. A arquitectura industrializada co Colexio-Residencia. A virada ecolóxica propiciada polo cambio de actitude da cidade sobre os seus ríos [Barbaña, Miño e Loña] e as infraestruturas para o s.XXI.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , ,