Leer es respirar, es devenir. Escritos de Olafur Eliasson

Ler é respirar, é devir é a primeira publicación que recolle os textos de Olafur Eliasson escritos ata a data. A través de vinte e catro ensaios breves e das evocativas imaxes dalgunhas das súas obras, o artista danés de orixe islandesa presenta os temas máis recorrentes da súa traxectoria artística e invítanos a reflexionar sobre o seu complexo universo estético e perceptivo: dende o papel que desempeñamos como observadores nun museo ou as nosas reaccións fronte á cor e a luz, ata os diferentes tipos de movemento ou a percepción da paisaxe no tempo. Ao igual que na súa obra artística, neste libro -con prefacio do propio Eliasson- o artista anímanos a formar parte das súas reflexións abertas, a percorrer os diversos temas formulados e, sobre todo, a que tomemos partido como lectores e vaiamos máis alá da propia obra.

Olafur Eliasson (Copenhague, 1967) é un artista visual cuxas exposicións individuais foron eloxiadas pola crítica e mostradas nos museos máis importantes do mundo dende 1997. O seu traballo caracterízase pola incesante exploración dos modos de percepción, e a súa obra, que el mesmo describe como “instalacións experimentais”, abarca dende a fotografía, as instalacións, a escultura ou o cine, ata importantes proxectos no espazo público e en obras arquitectónicas. En 1995 o artista fundou en Berlín o Studio Olafur Eliasson, que conta actualmente cun equipo de preto de cincuenta persoas entre artesáns, arquitectos e historiadores da arte. Como profesor da Universität der Künste de Berlín, Olafur Eliasson puxo en marcha o Institut für Raumexperimente (Instituto de Experimentación Espacial), un modelo innovador de educación artística que funciona dende 2009.

O Studio Olafur Eliasson xunto con Batteríid Architects e Henning Larsen Architects proxectaron o Harpa – Auditorio e Centro de Congresos de Reykjavik, edificio gañador do Premio Mies van der Rohe 2013.

Moisés Puente é arquitecto, editor e tradutor de temas arquitectura. É editor da revista 2 GR e entre os seus libros encóntranse as edicións de textos de Alejandro de la Sota, Josep Llinàs, Mies van der Rohe, Jørn Utzon e Olafur Eliasson e monográficos sobre a obra doméstica de Mies van der Rohe e a obra de Alejandro de la Sota. En 2010 recibiu o Premio FAD de Pensamento e Crítica pola súa traxectoria profesional como editor.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,