A máquina de escribir. Colección

Este ano, coincidindo co noso 75 ANIVERSARIO, queremos invitarvos a un evento moi especial, non habitual, pero que ten que ver moito coas nosas orixes, que é a inauguración da exposición A máquina de escribir. COLECCIÓN SIRVENT na Casa das Artes, Policarpo Sanz, 15 – VIGO (Galicia, España).

Nesta exposición imos mostrar unha selección de máquinas que pola súa curiosidade histórica ou técnica, pola súa importancia no noso país ou polo interese en relación ao deseño e outras cuestións anexas, supuxeron un revulsivo no progreso tecnolóxico e laboral do noso pasado máis recente.

Tamén poderemos ver elementos e obxectos relacionados coas máquinas, como son carteis, caixas de fitas e ferramentas para a aprendizaxe de mecanografía, reparación e reconstrución destas.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,