A cidade dos nenos, Francesco Tonucci (Frato) | Cristina García-Rosales

As cidades contemporáneas, especialmente as megalópolis, é dicir as que son excesivamente grandes e dispersas, foron deseñadas tradicionalmente para aquel varón que consideramos san, activo, produtivo e motorizado. Nelas o coche é o que prima e no seu centro non se ven pícaros.

E non se ven, porque non están. Porque o centro histórico, comercial, fachada de fins de semana e oficina para os executivos, carece de parques recoletos, de seguridade nas súas rúas e beirarrúas, de itinerarios para as bicis, de equipamientos deportivos, de lugares de encontro e de aventura fóra de perigo, de espazos para amar, recoñecer, fantasear, explorar e percorrer. Prazas e rúas como as de antes, nas que os nenos xogabamos cos nosos amigos, iamos ao colexio camiñando, en tranvía ou autobús e sentiámonos protexidos por un territorio amable onde ser cidadán era un privilexio, xa foses pícaro ou non.

“A cidade dos nenos”

Tonucci, arquitecto e psicólogo, propón repensar a cidade mediante a participación cidadá, sobre todo a dos máis pequenos. Propón itinerarios seguros para que vaian sós á escola, vixiados polos habitantes da cidade (incluída motoristas, policías urbanos e cidadanía en xeral); propón Consellos formados por nenos, que sexan eles os que dun xeito non manipulado polos maiores, nos indiquen as súas preferencias. E estas preferencias teñen que ver, segundo a súa experiencia, coa posibilidade de xogar na rúa, de que existan prazas e parques, de non estar encerrados e illados entre catro paredes, coa TV lixo como única aliada… á espera de que os seus pais veñan do traballo.

Francesco Tonucci

É desexable, di Tonucci, “aceptar a diversidade intrínseca do neno como garantía de todas as diversidades; fomentar o xogo libre e espontáneo que se asemella ás experiencias máis elevadas do adulto (…) aquelas que se encontran fronte á complexidade, na posibilidade de deixarse conducir polo gran motor do pracer; crear “Laboratorios de Nenos” onde poidan expresar os seus sonos e necesidades, outorgándolles a palabra, participando e traballando con eles, como urbanistas das cidades do futuro. Esta experiencia desenvolveuse con bastantes bos resultados na cidade de Frano (Italia) e realizáronse tamén algúns intentos nalgúns municipios de tamaño medio do noso país, como o de Alcobendas.

Frato 94

Entre outras propostas para unha cidade ideal, unha pequena escribiu:

Desexo un parque. O mellor dito, dous. Por se o primeiro rompe”.

Este libro, fala da utopía, segundo o entendemento que o escritor uruguaio Eduardo Galeano fai desta palabra:

Aquilo que está ao final da liña do horizonte; por moito que eu camiñe, nunca a alcanzarei. ¿Para que serve a utopía, entón? Para iso serve: para camiñar.

Cristina García-Rosales. arquitecta

madrid. xullo 2012

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,