A beleza na arquitectura | Cristina García-Rosales

La belleza no es un lugar donde van a parar los cobardes

Antonio Gamoneda

En épocas de crises e de palabras vacuas, a beleza é un atributo que algúns consideran superfluo..

Outros xa o apartaron como un término banal, desenvolvendo nos últimos tempos unha estética kitch, de índole Disney ou considerándoa como unha fórmula para satisfacer á “maioría” (hortera, suponse), acepción equivocada e equívoca, xa que entrega a esa maioría unha calidade que non lle pertence. A maioría, pola contra, ama a beleza, tanto a interior das persoas como a exterior (reflexo da primeira). E na arquitectura ocorre o mesmo.

Casa Ugalde, Coderch

Tanto a estética “glamurosa e luxosa”, de planos imposibles ou de materiais de alto custo e non necesariamente bos, belos ou sostibles, como a estética “costumista” ou simplemente fea, está a atragoar a poboación que require unha vivenda digna e bela. Dentro da súa sinxeleza. Unhas bonitas vistas. Un cociña cómoda. Unha pintura branca. Ou un cuarto propio cun chan de madeira onde os nenos poidan xogar… Espazos para o descanso e para a íntimidad. Na cidade, lugares públicos para a cidadanía, onde poida desenvolver a súa esencia lúdica, participativa e cotiá. Lugares para recoñecerse e ser recoñecidos. E sentirse ben.

Alvar Aalto, Escaleira de Villa Mairea, Finlandia, 1937-1939. Imx. Archivo Aalto

Pero isto non é o que hai. E non nos conformamos. Os colectivos ermergentes que están a avogar por unha nova forma de entender o espazo, urbano ou interior, tamén están comprendendo que nos últimos tempos -propios dun urbanismo descontrolado e dirixido a conseguir as maiores ganancias económicas-, a estética era “especulativa” ou do “poceiro” que xa o di todo. E apostan por unha estética ligada ao procumún e a participación colectiva.

Cadeira, Esta é unha Praza, Madrid | Fotografía: Cristina García-Rosales

Non se pode entender a beleza, polo tanto, como un valor engadido como o IVE, senón como un atributo esencial das cousas, dos espazos, das fachadas, das cidades, da vida…

A arquitectura ha de ser boa, bela e útil. Todos estes factores han de ser tidos en conta.

Cristina García-Rosales. arquitecta
madrid. maio 2012

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,