HISTORIA DEL PAISAJE SONORO: Un recorrido por la historia a través de sus sonidos · Juan Gil

Historia da Paisaxe Sonora: un percorrido pola historia a través dos seus sons suscita nesta segunda parte un achegamento á arte sonora desde os últimos anos do século XIX. Sinsal achega a arte sonora a Espazo Sirvent na segunda entrega de Historia da Paisaxe Sonora. Juan Gil presentará nesta segunda xornada un percorrido pola historia do son a partir da primeira grabación realizada por Thomas Edison.

Trala primeira entrega de Historia da Paisaxe Sonora: un percorrido pola historia a través dos seus sons, Sinsal presenta en Espazo Sirvent a segunda parte desta introdución á arte e paisaxe sonora. Este acto inclúese dentro da celebración do décimo aniversario de Sinsal que se desenvolveu durante as últimas semanas con diferentes actividades no MARCO e Espazo Sirvent. A segunda das conferencias correrá a cargo do musicólogo Juan Gil, que reflexionará sobre o papel que xoga o son na sociedade contemporánea, desde as orixes do rexistro sonoro a finais do século XIX. Aproximarémonos/Aproximarémosnos á arte sonora, unha das disciplinas máis descoñecidas da arte a pesar do recente premio Turner 2010 da escocesa Susan Philipsz. Analizaremos a obra dalgúns dos seus artistas máis representativos, buscando aplicacións prácticas na vida cotiá e recordando como cada vez máis, a nosa sociedade está exposta ao deseño sonoro na arquitectura, o urbanismo ou o marketing comercial.

Juan Gil falará dos “Sons en perigo de extinción” asociados á idea de sons na memoria. ¿Que sons escoitamos menos co paso dos anos?; pero tamén: ¿que sons sorpréndennos na actualidade?, etc. Esta idea resulta menos pesimista que a de “perigo de extinción”. É máis positiva e tamén nos permitirá falar da paisaxe sonora como unha contorna en constante cambio, como un fenómeno líquido máis que sólido que gozamos, alteramos e do que, en boa medida, somos responsables. Coa axuda da audiencia, e durante o mesmo acto, realizaremos como actividade final un mapa sonoro da Ria de Vigo cos sons que se aporten. Máis aló das propostas de Sinsal para o mes de abril, Espazo Sirvent prepara para maio e xuño dúas novas conferencias a cargo da diseñadora Nani Marquina e o arquitecto Eduardo Souto de Moura, ganador do premio Pritzker o pasado ano.

Juan Gil é musicólogo e investigador sonoro. Forma parte dos proxectos mediateletipos.net e artesornoro.org. Nos últimos anos desenvolveu diversas investigacións tanto no campo da etnomusicología como no da música contemporánea. Actualmente está doctorando en arte e música e está realizando a súa tese sobre auralidad, paisaxe sonora e a utilización de sons ambientais na creación sonora contemporánea dentro do Grupo de Investigación DX7 Tracker. É membro do colectivo galego escoitar.org, que na actualidade está traballando no primeiro mapa sonoro europeo xunto á Universidade TAMK de Finlandia, o laboratorio de arquitectura acústica Cresson en Francia e a fonoteca máis antiga de Europa, Phonogrammarchiv de Austria.

HISTORIA DEL PAISAJE SONORO: Un recorrido por la historia a través de sus sonidos · Juan Gil

26 de Abril a las 20,00 horas

Espacio Sirvent

Gran Vía 129 – Vigo

Galicia, España

www.sirventvigo.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , ,