Gerardo Salvador Molezún | Antonio S. Río Vázquez

Gerardo Salvador Molezún e José Ramón Menéndez de Luarca: Fundación do Canal de Isabel II, Madrid

Cando me preguntan acerca do máis valioso que atopei ao longo destes anos de estudos sobre a segunda modernidade, sempre respondo: «as persoas». Grazas á miña investigación tiven a oportunidade de conversar con notables arquitectos, historiadores, delineantes, arquiveiros… que me achegaron a súa visión directa sobre todo o proceso. Moitas veces é a propia familia do autor quen ofrece o seu testemuño complementario, enriquecendo aínda máis os achados.

Coñecín a Gerardo Salvador Molezún hai pouco máis dun ano. Antes faláronme moito sobre el: Pilar Rivas no Servizo Histórico do COAM; compañeiros e amigos seus como Rafael Baltar ou Estrela Medina. Pero non foi ata o verán do 2010 cando nos reunimos en Oleiros para conversar sobre a obra do seu tío, Ramón Vázquez Molezún e sobre os seus traballos conxuntos.

Recordo en detalle aquela tarde: O encontro en Bastiagueiro, o paseo ata Santa Cruz de Mera, a precisión e o cariño co que recordaba os seus proxectos mentres o sol caía sobre o porto coruñés. Rematamos falando da súa familia, do moito que aprendera do seu tío e de como a súa filla continuara coa tradición familiar de dedicarse á arquitectura.

Hai uns días, Madal -filla do pintor que compartiu con el aquel internado dobremente galego na Academia de España en Roma- informoume do seu falecemento. Coincidiu coa lectura dun artigo sobre a redacción de necrolóxicas, onde o autor defendía que «pola súa propia esencia, deben escribirse en quente, o que se fai despues son estudos, ensaios, homenaxes, algo en todo caso diferente e que corresponde a outros xéneros,».

Decidín deseguida transformar o seu recordo en palabras, deixando constancia da súa valiosa achega na miña investigación. Unha achega que se suma á doutros moitos nomes, aos cales me gustaría homenaxear coa conclusión do traballo. Despois de todo, as obras poden sobrevivir, transformarse ou desaparecer, pero as persoas son irremplazables.

antonio s. río vázquez . arquitecto
a coruña. outubro 2011

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , ,