Fotografía e arquitectura moderna. Contextos, protagonistas e relatos desde España

Fotografía y arquitectura moderna. Contextos, protagonistas y relatos desde España

Os textos desta publicación tratan de establecer un primeiro mapa crítico, teórico, documental e historiográfico sobre o protagonismo da imaxe na construción da modernidade española. Non se pretende esgotar o tema nin as súas interpretacións, senón presentar unhas coordenadas básicas, xerais e particulares, que sexan útiles para calquera futura investigación sobre os múltiples temas e facetas que esta apaixonante simbiose expón.

As contribucións desta publicación a cargo dos investigadores do proxecto FAME, Fotografía e Arquitectura Moderna en España, 1925-1965, do Plan Nacional de I+D+i 2008-2011 do MINECO, adquiren así a condición de folla de ruta, de cartografía para transitar con certos apoios e referencias polo universo facetado, tan diverso como as múltiples miradas que conteñen, da fotografía de arquitectura en España.

Grupo investigación FAME

Grupo de investigación delo proxecto FAME, Fotografía y Arquitectura Moderna ///////
Iñaki Bergera, investigador principal dun equipo formado por Rubén A. Alcolea e Javier Martínez (Univ. de Navarra), Amparo Bernal López-San Vicente (Univ. de Burgos), Sílvia Blanco (CESUGA), Javier Cortina (Univ. Politécnica de Valencia), Eduardo Delgado Orusco, Fernando Tabuenca y Lucía C. Pérez Moreno (Univ. de Zaragoza), Ana Esteban Maluenda, Beatriz S. González y Beatriz Gutiérrez (Univ. Politécnica de Madrid), Inés García Clariana (Univ. Europea en Valencia), Javier López Rivera (Univ. de Sevilla), Gemma Medina (Van AbbeMuseum), Silvia Musquera e Yolanda Ortega Sanz (Univ. Politécnica de Catalunya), Justo Oliva (Univ. de Alicante), e Antonio S. Río (Univ. de A Coruña).

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,