O primeiro anuncio | Jorge Gorostiza

Fonte: Motion Picture Studio Directory

Hai uns meses encontrei no anuario Motion Picture Studio Directory, editado en EE. UU. en 1921, o que podería ser o primeiro anuncio dun director artístico, e escribo «podrecía ser», porque é o primeiro que encontrei, pero pode haber outros anteriores.

Publicouno, supoño que pagándoo, un profesional moi podco coñecido, A. Béla Viragh-Flower e, como poden ler, ten un texto no que se denomina a si mesmo:

«creador de interiores que suxiren beleza artística, simplicidade e atmosfera expresiva para a estrela e actores que inspiran o elemento vital na súa arte».

No interior do anuario hai información seguramente, como sempre sucede neste tipo de libros, facilitada por el mesmo, polo que non pode afirmarse que sexa veraz, nela dise que o seu nome completo era Albert Béla, que se educou en Budapest, estudou arquitectura e decoración en Baviera, e «technical art» en Múnic, a súa carreira na pantalla como decorador de interiores, literalmente é a seguinte:

«Thanhouser, Clara Kimball Young, Park and Whiteside, Perry Play Inc. (“The Soul Within”)»

e por último dá os datos da súa dirección en Nova York. Analizando o seu traballo cinematográfico, «Thanhouser» non se refire a Tannhäuser, a ópera de Wagner, senón á Thanhouser Film Corporation que, fundada por Edwin Thanhouser (1865 -1956), produciu preto de mil películas dende 1910 ata 1917; Clara Kimball Young era unha grande estrela da época, que tamén produciu unhas poucas fitas; Park-Whiteside Productions produciu poucas películas, entre elas Empty Arms, dirixida por Frank Reicher en 1920, na que figura Viragh-Flower como director artístico; Perry Plays era outra produtora de curta traxectoria, e The Soul Within parece o título dunha película, pero aínda non encontrei datos sobre ela.

Ademais sábese que en 1920 Viragh-Flower foi o director artístico de The Scarlet Dragon, dirixida tamén por Reicher. É certo que naqueles anos os títulos de crédito non adoitaban incluír a todos os técnicos, polo que non se pode afirmar que non traballase noutras películas, si se ten noticia que faleceu en Nova York o 5 de febreiro de 1922, pouco tempo despois de que se publicase o anuario.

O paradoxo é que este profesional poida pasar á historia por ser o primeiro en aparecer nun anuncio e sen desenvolver unha carreira notable. Outro exemplo de que aquilo que se publica, o que se aparenta, desgraciadamente é máis duradeiro e supera a realidade

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, xullo 2011

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,