Divide e venceras | Íñigo García Odiaga

 Iglesia de Santa Cruz de Oleiros, Miguel Fisac.
Igrexa de Santa Cruz de Oleiros, Miguel Fisac.

Hai unha máxima latina “Divide et impera”, que deu bos resultados aos grandes estrategos da historia como Julio César ou Napoleón. Pero esta lóxica militar é tamén una das bases da ciencia de computación e do deseño algorítmico. Unha metodoloxía de cálculo que se enfronta á resolución dun problema complexo cortándoo en anacos en partes máis sinxelas de igual tipoloxía ata que a solución tórnase visible e evidente.

No libro que celebra a concesión do Premio Nacional da Arquitectura no ano 2002 a Miguel Fisac, aparece unha planta que resume ben esta estratexia da división.

As sempre sinuosas plantas das igrexas de Fisac presentaban o problema de determinar a súa superficie exacta. A día de hoxe co debuxo asistido por computador, a medición seria exacta e rápida; apenas un xesto sen importancia. En 1966 o problema, en cambio, tornábase laborioso e concienzudo.

 Iglesia de Santa Cruz de Oleiros, Miguel Fisac.
Iglrexa de Santa Cruz de Oleiros, Miguel Fisac.

Para poder calcular os metros cadrados de pavimento, Fisac cuadriculaba a planta ata alcanzar o perfil ondulante dos muros de formigón que constrúen a envolvente da Igrexa de Santa Cruz de Oleiros, nunha retícula equivalente a 1 metro cadrado. Despois con infinita paciencia numeraba todas e cada unha das casas para mediante esta integral gráfica chegar ao convencemento de que a igrexa contaba con 595 metros cadrados, como se pode ver na anotación manuscrita ao pé do debuxo.

O abanico formado polos muros curvos, cóncavos e convexos abrazan esa superficie, que como un gran estratego militar Miguel Fisac controla ata fixar a súa medida, e con ela a súa proporción, e con ela a beleza.

Íñigo García Odiaga. Arquitecto
San Sebastián. Xaneiro 2017

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,