David Chipperfield. Premio de arquitectura Mies van der Rohe 2011

A complexa intervención no Neues Museum de Belín, levada a cabo por David Chipperfield [www.davidchipperfield.com], gañou o premio de arquitectura Mies van der Rohe 2011, que concede a Unión Europea. Esa rehabilitación contemporánea sobre un edificio xa existente foi cualificada como “un logro extraordinario”, polo presidente do xurado Mohsen Mostafavi, que valorou tamén o bo entendemento entre arquitecto e cliente o que posibilitou unha solución de éxito nun edificio de moita importancia histórica. O premio está dotado con 60.000 euros.

Neues Museum de Belín | miesarch.com

A mención especial Arquitecto Emerxente destes premios, que se conceden cada dous anos, foi para os arquitectos Ramón Bosch e Bet Capdeferro [www.boschcapdeferro.net] pola Casa Collage, en Xirona, cunha dotación de 20.000 euros.

Casa Collage | miesarch.com

[…]

M.JoséDíazdeTuesta

+ artigo publicado en elpais.com

+ premio

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: ,