Casa da viúva de Montemerlo | castroferro arquitectos

A rehabilitación do patrimonio construído nos últimos 50 anos é un dos próximos retos que deberiamos poder afrontar dende o oficio.

Instaurouse, tanto na profesión coma na sociedade, unha posta en valor e recoñecemento das antigas construcións en pedra ben sexa vernáculas ou cultas, pero quizais o debate de como afrontar as construcións deficientes destas últimas décadas, aínda non se está a producir, sendo ao final estas a gran masa do construído neste país.

Formula Jean Phillipe Vassal que todo acto construído posúe tres valores inherentes, o arquitectónico (subxectivo e variable), o identitario e un terceiro concepto: o enerxético e de uso respecto a aquilo que xa está edificado, o único dos tres que é puramente obxectivo.

Cando nos xurdiu o proxecto da reforma da Casa da Viúva de Montemerlo, o primeiro que pensamos ao analizar o estado inicial da vivenda foi que non tiña ningún interese e que deberiamos aplicar unha “tabula rasa”.

Despois de dialogar cos clientes, decidimos empezar a analizar que valores de uso respecto ao construído nos podían valer, que parte da estrutura xa construída nos podía valer, que parte da fachada construída nos podía valer, que tabique nos podía valer,….

Así, renovamos as cubertas, regularizamos o anaco de vivenda que estaba fóra de ordenación, engadimos unha pequena extensión con vistas ao mosteiro de Poio e que nos permite integrar mediante un soportal exterior o antigo baleiro tapado con uralita que só servía de aparcadoiro.

Obra: Casa da viúva de Montemerlo
Promotor: Privado
Autores: castroferro arquitectos [María González Ferro+Jordi Castro Andrad]
Colaboradores: Pablo Alonso Parracía, Eva Rodicio Álvarez
Ano: 2008-2010
Emplazamiento: Poio, Pontevedra, Galicia, España
Fotografia: castroferro arquitectos
+ www.castroferro.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , ,