Casa da Chá, Matosinhos. Álvaro Siza

Restaurante Da Boa Nova, Casa dá Chá en Matosinhos, Porto construíuse entre os anos 1.958-1.963, polo arquitecto portugués Álvaro Siza.

Está considerada como a súa primeira obra representativa, construída moi preto de Matosinhos, residencia natal do arquitecto.

A construción vincúlase co terreo e descóbrese a medida que o observador a vai percorrendo, desta forma, o ámbito rochoso, o mar e a vexetación lindante entran a formar parte do propio edificio “a construción da paisaxe”.

ALVARO SIZA from Les Films d’Ici on Vimeo.

Vídeo: Les Films d’Ici

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , ,