The Smithsons sobre Vivenda

Peter Smithson (Stockton-on-Tees 1923-2003) e Alison Smithson (Alison Gill) (Sheffield 1928- 1993) foron dous arquitectos e urbanistas ingleses que traballaron activamente nos aspectos teóricos da arquitectura das décadas dos 50 e 60. Están considerados cofundadores do brutalismo, e formaron parte do Team 10, un grupo de arquitectos que desde a súa primeira reunión en 1954 exerceu, mediante as súas publicacións, unha gran influencia no urbanismo da segunda metade do século XX. Noutras disciplinas artísticas, tamén formaron parte do Independent Group en 1956.

Os arquitectos coñecéronse mentres estudaban na Universidade de Durham e contraeron matrimonio en 1949, abrindo un estudo propio un ano despois.

A importancia desta parella de arquitectos estriba máis no seu traballo teórico sobre a arquitectura e o urbanismo que na construción de edificios, pero entre os seus proxectos destacan o Golden Lane Housing (Londres, 1952), onde a composición aberta e complexa do barrio pretende romper cos principios de zonificación propios do racionalismo de principios de século, e a urbanización Robin Hood Gardens en Londres, construída entre 1966 e 1972. A disposición curvilínea e aberta dos edificios, organizados en torno a un gran xardín, materializa finalmente o concepto do que para os Smithson debe ser a arquitectura.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , ,