Reintegración urban do patrimonio cultural de A Chaínza (fase1) | Salgado+Liñares

O barrio da Chainza, alén da Ponte de Noia, ten longa historia. Punteado desde antigo sobre a traza do Camiño Real, foi de toda a vida lugar de paso obrigado desde o extramuros de Noia. A nova estrada en certo xeito o orilló: e como un meandro desgaxado das rutas de tránsito a Chainza foi empuxada de súpeto contra o bordo marítimo, e viuse constreñida e illada, pero isto salvouna…

Pois A Chainza, malia a súa escasa actividade, conserva a día de hoxe a escala adecuada, a que lle é propia e dálle sentido; o seu estado de decaimiento é reversible, e a súa situación e carácter, presente en todo o ámbito, fana merecedora de mellor condición, é dicir, merecedora de algo máis que a de limitarse a ser un “atallo para listos”.

Así as cousas, a intervención, que abarca varias fases e da que tan só se realizou a primeira, ten como obxectivo prioritario devolver o espazo público ás persoas, revitalizándoo cunha labor de limpeza e retirada das excrecencias que o paso dos anos e decisións erróneas engadíronlle sen sentido.

Así pois, o noso proxecto de Reintegración urbana do patrimonio cultural da Chainza pon os acentos no seguinte:

1. Retirada do asfalto do ámbito e substitución por pavimento peatonal: adoquín granítico de 5x5cm.

2. Reformulación dos bordos e límites: o “pretil da ponte” é a referencia obrigada; reinterprétase e ata se reformula, nun zurcido continuo e pausado que estende o magnífico pretil ata convertelo nun inadvertido mobiliario urbán (pois non hai outro en todo o ámbito). A iluminación, ademáis, intégrase no “novo” pretil, co fin de conseguir unha iluminación rasante e adecuada ás características peatonais do ámbito.

3. Redeseño das instalacións urbáns e soterrado das aéreas: dacabalo das dúas fases, pois ata o momento completouse tan só o trazado oculto e baixo rasante das canalizaciones. É dicir, a retirada dos postes e cables queda para a segunda fase.

4. Recuperación do trazado do Camiño Real.

5. Recuperación da Ponte Medieval: a segunda fase contempla a súa prolongación, co fin de conectalo co “Camiño Real”.

6. Recuperación de “A Fonte dá Chainza” e do Lavadoiro da Chainza. E esta parte merece un comentario separadamente, pois o lavadoiro permanece en perfecto uso. “Activar” un espazo é literalmente “dotalo de actividade”. Pero a actividade xa existe; nós tan só rescatámola e revitalizámola. En definitiva, que a recuperación do lavadoiro está lonxe de ser un canto inútil a outros tempos xa pasados: é, por así dicilo, un ámbito de actividade, ou noutras palabras, un espazo social.

E para rematar, a pedra granítica das canteiras de Baroña, que preside toda a intervención: desde os pequenos “lastros” do pavimento ata as magníficas losas de 3m da cuberta do lavadoiro.

En fin, A Chaínza volve a respirar.

Obra: Reintegración urbán do patrimonio cultural de A Chaínza (fase1)

Arquitectos redactores: Alfonso Salgado Suárez, arquitecto + Francisco X. Liñares Túñez, arquitecto + Manuel A. Liñares Túñez, inxeñeiro industrial

Arquitecto colaborador: Santiago Rey e Carla Agra García

Estructura: Manuel Liñares

Instalaciones: Miguel Raposo

Debuxo: Sergio Sánchez e Carla Agra García

Etnografía: Ana Filgueiras Rei

Arquitecto técnico: Castor Campos Rodríguez

Promotores: Concello de Noia

Emplazamento: A Chaínza. Noia. A Coruña. España.

Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages+ Salgado e Liñares Arquitectos

Empresa constructora: Construcciones Ces, S.L.

PEM: 168004,77 Euros

Superficie do ámbito de intervención: 4028m2

Ano: novembro 2012

+ salgadoeliñares.com

+ premios

– Premio Manuel Vázquez Román 2013

Primer premio

– XV Premios COAG

Premio espazo público

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, espacio publico, intervención urbana, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,