Projects: Done | Candida Höfer

Marco. Vigo. 26 de febreiro a 23 de Maio de 2010.
Candida Höfer, unha das máis importantes representantes da Escola de Düsseldorf, no que será a primeira retrospectiva en España desta artista. A exposición reúne unha coidada selección dos seus traballos dos últimos corenta anos, nunha montaxe realizada polo prestixioso estudo de arquitectura Kuehn Malvezzi. Baixo o título?Projects: Doe? inclúense obras de proxectos levados a cabo por Candida Höfer entre 1968 e 2008.

Pertence a ese grupo de fotógrafos (Gursky, Thomas Ruff, Struth…) que seguiron o camiño aberto polo matrimonio Becher, coa súa nova obxectividade. Fotografías como parte de series. Candida Höfer céntrase en interiores de espazos públicos e semipúblicos, xeralmente relacionados coa cultura, como as súas series sobre bibliotecas ou teatros. Adoita realizar encadramentos con perspectivas centrais para apreciar as contradicións da simetría, coas súas pequenas diferenzas. Fotografías tomadas coa luz propia do lugar e en que nunca se ve presenza humana.

+ www.marcovigo.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento

Tags: , , , ,