Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Convocatoria 2018 Vivendas unifamiliares - veredes

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Convocatoria 2018 Vivendas unifamiliares

5 (100%) 1 vote

Premio Juana de Vega de Intervenciones en el Paisaje. Convocatoria 2018 Viviendas unifamiliares
Premio 2015: Casa Chao (Corcubión) de Arquitectos Creus e Carrasco.

Esta categoría ten por obxecto recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Poden ser candidatos ao premio: o/s autor/es do proxecto.

Só se admitirán proxectos realizados en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017.

prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 1 de xuño de 2018 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

– Gonçalo Byrne, arquitecto.

– Teresa Táboas, arquitecta.

– Rosario Sarmiento, Licenciada en Xeografía e Historia, xestora cultural e experta en coleccionismo.

– Miguel Fernández Cid, Licenciado en Xeografía e Historia e crítico de arte galego.

– Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e directora da Escola Galega da Paisaxe.

– Enrique Saéz Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.

– Antonio Maroño Cal, Decano do COAG.

– Fernando Agrasar Quiroga, Director da E.T.S de Arquitectura da UDC.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2018.

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: convocatorias, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,