Piscinas Monte do Gozo | OLA estudio

Aproveitamento de instalacións.

Previa á construción das piscinas, o Monte do Gozo contén o espazo de bancada e escenario para grandes concertos con capacidade para 36.000 persoas. As piscinas aproveitan, cunha pequena reforma, o despacho de billetes, aseos e cafetería ao lado oeste. O proxecto, orixinal de Alfonso Penela, construíu estas pezas combinando muros de formigón, muros de mampostería de granito e elementos de peches e portalóns en aceiro corten. 25 anos despois, e tras un uso escaso, a súa arquitectura segue vixente.

A bancada, e todo o seu espazo perimetral, pasa a ser espazo de solárium e esparexemento das piscinas. E non só compártese o espazo acoutado pola instalación xa que, este lugar, ábrese completamente á vista afastada da cidade de Santiago.

Santiago é unha cidade difícil de contemplar desde a distancia e desde o seu interior é unha cidade sen horizonte, sen vistas afastadas.

O Monte do Gozo e en particular este lugar busca saír á luz como o novo espazo de esparexemento da cidade. O lugar onde os peregrinos ven a Catedral e é antesala do final do camiño é tamén o lugar onde Santiago é redescubierto polos veciños.

Piscinas Monte do Gozo OLA estudio o51

Construir unha piscina nunha lagoa, no interior dunha lagoa. Construir unha nova praia fluvial para a cidade de Santiago e os nosos visitantes. Aproveitar a magnifica instalación do graderio e instalacións do auditorio, aproveitar os edificios e sacar a luz un espazo escondido para os veciños.

Estas son as preguntas e estas son as respostas.

1. Todo o conxunto de vestiarios actuais próximos o albergue acondiciónanse para o uso de praia fluvial.

2. O aceso prodúcese polas taquillas actuais.

3. O bar actual pasa a formar parte da instalación.

4. A praia fluvial esténdese por todo o espazo do graderío. O auditorio, con orientación sur, soleado todo o día, convertese en espazo de estancia, de xogos, de reunión. Todos os arredores convértense nos espazos para estar sobre o céspede. Esta instalación xa está pechada en equipada co que a intervención e mínima.

De súpeto, este espazo pechado e agochado, pasa a ser a nova praia fluvial de Santiago.

5. As piscinas están dentro da auga. Bañarse dentro da lagoa. Sobre as augas unhas plataformas de formigón e pedra constrúen os espazos de estar e pasar. De sentar e tomar o sol. De bañarse. A piscina tamén se converten en ponte. Os hexágonos que constrúen o conxunto conectan unha beira ca outra. Deste xeito acótase o espazo de cativos no espazo máis facilmente controlable.

6. As piscinas non funcionan todo o ano, pero este novo parque si debe ser disfrutado todo o ano. As piscinas ponte permiten ter aberto o graderío durante o inverno para todo tipo de actividades e deportes. A forma e material das piscinas ten que resistir o paso do tempo e a súa falta de uso en inverno. O formigón e a pedra dan resposta a esta pregunta.

7. Arquitectura pregnante, exposta e tendida. Arquitectura para estar e pasear. Arquitectura para descansar sobre as augas dunha lagoa.

Obra: Piscinas Monte do Gozo
Coste: 275.72 €/m2
Autor: Oscar Lopez Alba (OLA estudio)
Ano: 2017
Promotor: Axencia Galega de Turismo. Xunta de Galicia
Emprazamento: Monte do Gozo, Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, España
Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimagenes
+ olaestudio.com

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento deportivo, equipamiento dotacional, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , , , , , ,