Nós | Antonio S. Río Vázquez

unha historia do «esforzo grego por construír un espazo humano onde fose posible a xustiza e onde o destino común estivese rexido pola vontade dos homes», revisando os progresivos logros na creación da cidadanía e, con ela, da verdadeira política

Monedas griegas de uno y dos euros (2001-...)
Moedas gregas dun e dous euros (2001-…)

«O único camiño que nos queda a nós para chegar a ser grandes, mesmo inimitables se iso é posible, é o da imitación dos Antigos; o que alguén dixo de Homero, a saber, que aprender a comprendelo ben é aprender a admiralo, vale igualmente para as obras de arte dos Antigos, en particular as dos gregos».

J. J. Winckelmann: Reflexións sobre a imitación da arte grege na pintura e na escultura (1755)

Seguindo o ronsel dos anteriores artigos, tiña previsto recuperar un texto de hai algún tempo, referente á toma de contacto dos arquitectos e artistas da modernidade galega coa antigüidade clásica a través das viaxes de estudos por Europa. Unha Europa na que Italia e Roma seguían sendo os camiños iniciáticos dende a época do Grand Tour, reverdecidos no s.XX por novos exploradores como Le Corbusier.

Escribía as primeiras palabras mentres Grecia -tamén destino obrigado daquel Grand Tour europeo- pasaba a ocupar as primeiras páxinas dos xornais e as cabeceiras dos informativos. Volvíase inevitable recordar aquel destino que fora tan xeneroso con todos aqueles que acudiron á busca de novos camiños para o seu desenvolvemento persoal e colectivo, e de onde regresaban transformados pola experiencia de aprendizaxe.

Coincidía ademais coa lectura do libro de Pedro Olalla Grecia no Aire. Herdanzas e desafíos da antiga democracia ateniense vistos dende a Atenas actual, unha historia do «esforzo grego por construír un espazo humano onde fose posible a xustiza e onde o destino común estivese rexido pola vontade dos homes», revisando os progresivos logros na creación da cidadanía e, con ela, da verdadeira política:

«Eles e Nosotros. Se hai un punto que pode expresar graficamente a diverxencia entre a antiga democracia ateniense e a actual, é a percepción desta oposición. O cidadán antigo nunca a entendería. Aínda se se sentise defraudado pola política da cidade, sentiríase parte dela. Só habería un Nosotros.»

Cando se decidiu o aspecto da moeda oficial da eurozona, para o deseño dos billetes empregáronse exemplos arquetípicos de pontes e elementos arquitectónicos das principais idades e estilos de Europa, dende a antigüidade clásica ata a modernidade do século XX, mentres que as moedas se reservaron para os símbolos particulares de cada país.

Nas moedas dun e dous euros, Grecia optou por dúas expresivas imaxes da súa historia -clásica e contemporánea- que hoxe se volven especialmente significativas. A primeira reproduce un Dracma arcaico -a moeda grega por excelencia-, que contén a curuxa de Atenea, protectora da cidade de Atenas e deusa da sabedoría e das artes. Na cultura occidental converteuse o símbolo da filosofía, outra das grandes herdanzas compartidas. A segunda, extraida dun mosaico espartano do século terceiro antes de Cristo, representa o momento mitolóxico en que Europa é secuestrada por Zeus -que tomara a forma dun touro-. A escena recórdanos que ata o nome que une ao Vello Continente o debemos a Grecia.

Remato estas liñas mentres escoito os resultados do referendo convocado polo goberno. Deseguida, as noticias vólvense encher de opinións, profecías e dúbidas. Imaxino que a dúbida estaría sempre presente nos itinerarios daqueles viaxeiros da modernidade. Non obstante, o que trouxeron de volta cambiou completamente a arquitectura europea. Todos eles mantiveron un compromiso unha débeda constante con esa aprendizaxe durante toda a súa carreira, e souberon trasladalo aos seus respectivos lugares de procedencia.

Tamén recordo as palabras de Winckelmann:

«Os máis puros mananciais da arte están abertos; ditoso quen os encontre e os deguste. Buscar estas fontes significa viaxar a Atenas a partir de agora».

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto
A Coruña. xullo 2015

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,