A universidade avaliada | Antón Capitel

George Couloris, quien interpreta o tutor de Kane, o banqueiro Walter Parks Thatcher nun fotograma Ciudadán Kane | Citizen Kane trailer (1941) | RKO Radio Pictures

Con algunha frecuencia aparece na prensa -que nunca pode evitar o que debería evitar intelixentemente- un suposto “ranking” das Universidades, en relación á investigación ou á totalidade, e onde sempre aparecen grandes titulares nos que se afirma que as españolas están á cola, ningunha entre as 100 primeiras do mundo.

Naturalmente, a prensa sempre informa mal, e non nos di onde están esas supostas 100 mellores universidades. Non é difícil sabelo: só poderían estar en Estados Unidos, Canadá, Inglaterra, Francia, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Suecia e Finlandia. Dubidosamente en Bélxica, Noruega ou Austria. Simplemente imposible en Italia. En Suíza hai algo máis que a protección da delincuencia financeira? En fin, que non creo nada. Non sei con que se miden as universidades, pero, na miña condición de vello universitario, estou seguro que os procedementos están equivocados e, ademais, trampeados. Teño moita experiencia en avaliación da investigación e tropecei moitas veces con criterios supostamente obxectivos e, en realidade inapropiados e absurdos. Inventados por aqueles que queren avaliar ben determinadas universidades ou determinados e supostos investigadores; isto é, case sempre por estadounidenses, a teórica -pero só teórica- patria das boas universidades.

En España hai moitas, demasiadas universidades, e bastantes delas improvisadas. Pero moitas máis funcionan razoablemente ben. Aquí é unha verdadeira afección protestar das universidades, pero xa quixera o noso país que todo funcionara tan ben coma elas. As universidades españolas funcionan bastante mellor que gran parte das administracións públicas, que a administración de xustiza, que os colexios profesionais, que o sistema bancario e económico, e que a inmensa maioría das empresas. As universidades españolas son responsables en boa medida do alto nivel do país en todos os aspectos, e a súa investigación é bastante boa, boa e amplísima se se considera en relación cos escasos medios de que dispón.

E se as universidades españolas son malas, ¿que fan as familias enviando sistematicamente a elas a todos os seus fillos? Non serán tan malas a xulgar pola enorme afluencia de matriculación, moito máis do razoable, e responsable primeira da proliferación universitaria. Pero, ao cabo, que en España haxa moitos licenciados universitarios non é tan malo para o país. Pode ser malo para eles mesmos, pero non para a sociedade. Se un arquitecto é empregado de banco ou un avogado é encargado dun bar, non é moi bo para eles, pero non é tan malo para os seus clientes. A sociedade necesitará outras cousas, mellor, pero se hai moitos licenciados o asunto non está tan mal.

Que todas as profesións poidan ser notarios, rexistradores da propiedade ou controladores aéreos, poño por caso, entre outras moitas posibles reformas. Algo se resolvería, e non teriamos a Rajoy, por exemplo, cobrando 200.000 euros ao ano por arrendar o seu Rexistro (noticias da prensa, hai tempo) e dedicarse á mala política. E que haxa menos avogados, por certo, que controlan completamente a política, a función pública, a xudicatura e todas as súas inmediacións, o mundo das empresas, e que inundan coa súa torpe mentalidade leguleya todo o país. Reformar a universidade sería, en primeiro lugar, diminuír as facultades do mal chamado Dereito e diminuír consecuentemente as gavelas e vantaxes deses licenciados, que dominan indebida e ineficazmente calquera que sexa o asunto, protexendo sistematicamente os privilexios dos seus conxéneres.

Xulgar as Universidades como entidades unitarias é, por outro lado, unha parvada. As universidades están compostas por moitas facultades, escolas e institutos. Non son homoxéneas. Unhas institucións serán boas, outras mediocres e outras malas. As universidades españolas non son, dende logo, homoxéneas, polo que non ten sentido avalialas como globalidades. Non creo que noutros países sexa demasiado distinto.

Só teño verdadeira experiencia acerca das Escolas españolas de Arquitectura, e, tamén, dalgunhas estranxeiras, de moitas, en realidade. Ata a proliferación de universidades públicas e privadas dos últimos anos, eiva execrable contra a cal ninguén moveu un dedo, as Escolas españolas de Arquitectura eran bastante boas, a miña -a da Universidade Politécnica de Madrid-, excelente, para a nosa fortuna, ben recoñecida por tantos no estranxeiro, como demostra na práctica a abundancia de estudantes de todo o mundo. E como demostra a gran cantidade de bos profesionais -isto é, a calidade do ensino- e da gran cantidade de bos estudos e publicacións. E non é unha Escola illada; outras moitas españolas tamén son boas. En España, o ensino da arquitectura é de alto nivel.

Pero, ¿quen mide iso? E, sobre todo, a quen lle interesa? Os bos arquitectos españois non serven para nada, pois nin as administracións os usan para resolver mellor as planificacións das cidades e do territorio, que deixan a leguleyos e a profesionais mediocres para dar mellor servizo á especulación, como á vista está, e nin sequera son usados sistematicamente como proxectistas. Tan só as administracións, algunhas veces, buscan bos arquitectos, pero moitas outras, e, sobre todo, a chamada “sociedade civil”, buscan sempre os peores, como unha simple mirada ás nosas realidades urbanas demostra.

A administración, ademais, pon cada vez máis trabas aos bos profesionais e vaillas arranxando para impedir a boa arquitectura. Abonde citar que en moitos concursos oficiais o peso da calidade do proxecto é equivalente á importancia da baixa na oferta de honorarios, co que a competencia, no económico, sairá gañando, pero a calidade arquitectónica é sistematicamente expulsada. Isto é o que en arquitectura se consegue coa sacralización da “competencia” -competencia só económica, por suposto-, tan defendida por “parvos contemporáneos” como Fernández Ordóñez, que dirixe, por desgracia (e nunha decisión suicida que ignoro a quen corresponde) o Banco de España.

Así, pois ¿onde están os baremos e os estudos capaces de demostrar a boa calidade de moitas Facultades e Escolas como en España hai? Y onde está a sociedade e as administracións capaces de dotar de mellores medios ás universidades que funcionan e de suprimir a súa estúpida proliferación? ¿Para cando un control serio das malas universidades privadas, aos que se deixa funcionar para sempre cun plan de estudos mediocre e un escaso número de doutores?

Non creo que as administracións nin a sociedade españolas estean interesadas na calidade das Universidades. Tampouco creo que as avaliacións internacionais sexan honradas. E moito menos creo que a prensa sexa capaz de informar de algo con sensatez e eficacia. Pero ben é certo que con todas estas cousas estamos afeitos a vivir.

Antonio González-Capitel Martínez · Doutor arquitecto · catedrático en ETSAM

Madrid · xaneiro 2010

Antón Capitel

Es arquitecto y catedrático de Proyectos de la Escuela de Arquitectura de Madrid, fue director de la revista Arquitectura (COAM) de 1981-86 y de 2001-09. Historiador, ensayista y crítico, ha publicado numerosos artículos en revistas españolas y extranjeras sobre arquitectura española e internacional. Entre sus libros destacan diferentes monografías sobre arquitectos.

follow me

Arquivado en: Antón Capitel, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,