Grafting Architecture. Catalonia at Venice

O Institut Ramon Llull presenta a mostra catalá dentro dos Eventi Collaterali GRAFTING ARCHITECTURE. CATALONIA AT VENICE REPRESENTA A CATALUÑA NA 14ª BIENAL DE ARQUITECTURA DE VENECIA.

Cataluña estará presente por segunda vez na Bienal de Arquitectura de Venecia, dentro dos Eventi Collaterali, cun proxecto comisariado por Josep Torrents i Alegre: Grafting Architecture. Catalonia at Venice. Esta proposta, elixida por un xurado a través dun concurso público convocado polo Institut Ramon Llull, quere mostrar o cambio de paradigma que se está a producir na arquitectura contemporánea catalá, mostrando exemplos dun xeito de facer que sabe actualizar unha tradición viva, proxectándoa cara ao futuro. Grafting Architecture. Catalonia at Venice inaugurarase o 5 de xuño nos Cantieri Navali, Rúa Quintavalle, Castello, 40.

Esta proposta que Cataluña presenta en Venecia ten o firme propósito de recoñecer, valorar e reformular a especificidade das arquitecturas locais en contraste coa arquitectura global e franquiciada que imperou nos últimos anos. O punto de partida é a casa Bofarull (1913-1933), unha das obras principais de Josep Maria Jujol (1879-1949). No modo de traballar do arquitecto tarraconense podemos identificar unha actitude que se pode seguir en moitos proxectos construídos no último século, e que se fundamenta nun intenso diálogo coas preexistencias (físicas e non), que permiten desenvolver un proxecto que inclúe e mestura os elementos novos e os existentes, tal como o gallo se enxerta da árbore.

A casa Bofarull permítenos percorrer unha actitude arquitectónica atemporal. Acompáñana o IES La Llauna de Badalona (1984-86, Carme Pinós e Enric Miralles), o espazo La Lira de Ripoll (2004-2011, RCR Arquitectes e Joan Puigcorbé), e o espazo transmisor do túmulo/dolmen de Seró (2007-2013, Toni Gironès), proxectos afastados temporalmente, pero próximos en moitos aspectos. Todos traballan con preexistencias e son froito da estratificación de conceptos, na que se reinterpretan os materiais tradicionais e se insiren nun territorio, dialogando con eles. Son proxectos complexos e enriquecedores, que engaden un fito temporal no lugar onde se constrúen, e non se entenden sen o ámbito, polo que é imposible distinguir as partes de todo. Unha rica síntese local-universal vista como motor do proxecto, onde se produce a interpretación do mundo dende un dos seus cantos. Proxectos de cocción lenta e reflexión, continuadores dunha tradición arquitectónica viva e de longo recorrido.

Edificios seleccionados

Reforma de la Casa Bofarull (1913-1933, Josep Maria Jujol, als Pallaresos)

Apartaments a les golfes de la Pedrera (1953-1955, Francisco Juan Barba Corsini, a Barcelona)

Restauració de l’església de l’Hospitalet (1981-1984, José Antonio Martínez Lapeña i Elías Torres Tur, a Eivissa)

IES La Llauna (1984-86, Carme Pinós i Enric Miralles, a Badalona)

Caldereria petita, rehabilitació d’habitatge entre mitgeres (2001-2002, Calderon – Folch – Sarsanedas Arquitectes, a Gelida)

Museu de Can Framis (2007-2009, Jordi Badia BAAS Arquitectura, a Barcelona)

Espai públic Teatre La Lira (2004-2011, RCR Arquitectes –Rafael Aranda, Carme Pigem i Ramon Vilalta– i Joan Puigcorbé, a Ripoll)

Apartament Juan (2011, Vora arquitectura –Pere Buil i Toni Riba–, a Barcelona)

Auditori a l’església de Sant Francesc (2003-2011, David Closes, a Santpedor)

Tres estacions de la Línia 9 del Metro: Amadeu Torner, Parc Logístic i Mercabarna (2008-2011, Garcés – De Seta – Bonet Arquitectes –Jordi Garcés, Daria e Seta i Anna Bonet– i Ingeniería Tec-4 –Ferran Casanovas, Antonio Santiago i Felipe Limongi–, a Barcelona)

Espai transmissor del túmul/dolmen megalític (2007-2013, Toni Gironès, a Seró, Artesa de Segre)

Clínica Arenys – can Zariquiey (2006-2013, Josep Miàs Arquitectes –Josep Miàs–, a Arenys de Munt)

Centre cultural Casal Balaguer (1996 – en procés, Flores&Prats Arquitectes –Eva Prats i Ricardo Flores– i Duch-Pizá Arquitectos –M. José Duch i Francisco Pizá–, a Palma)

Restauració paisatgística de l’abocador de la vall d’En Joan a Begues (2002 – en procés, Enric Batlle, Joan Roig i Teresa Galí, al Parc Natural del Garraf)

Torre de 94 habitatges de protecció oficial (2012 – en procés, Josep Llinàs, a l’Hospitalet de Llobregat)

Projecte de revitalització del districte d’Adhamiya (2012 – en procés, AV62 Arquitectos –Victòria Garriga i Toño Foraster– i Pedro García del Barrio – Pedro Azara, a Bagdad).

No comisariado da exposición, Josep Torrents i Alegre está acompañado por dous comisarios adxuntos: Guillem Carabí, arquitecto e responsable do apartado dedicado a Jujol, e Jordi Ribas, xestor cultural a cargo das Accións.

Según Torrents i Alegre,

“a proposta non é un debate sobre proxectos taxidérmicos e conservadores, senón que pretende afondar nunha actitude arquitectónica que xera novos estratos e establece novas relacións alí onde intervén. Enxertar é un concepto que transmite a idea dun organismo novo máis vigoroso, froito de dous organismos que combinan os seus compoñentes orixinais, e as arquitecturas que se presentan son o resultado destas vigorosas combinacións”.

O fío condutor da proposta é a descrición dos diversos proxectos a través do proceso arquitectónico e da posterior percepción do edificio resultante. Estes proxectos enténdense a partir de si mesmos, da súa singularidade, e non como arquitecturas que forman parte dun movemento.

Na primeira fase descríbese o proceso usado para proxectar e construír o edificio mediante fotografías, bosquexos, debuxos, maquetas… pero en ningún caso documentos dos edificios rematados. Esta fase permite entender e descubrir as diversas maneiras de aproximarse a esta actitude, escoitando a voz dos arquitectos.

Na segunda fase ponse énfase na percepción destas arquitecturas a través de tres miradas distintas. O paso do tempo e a cotianidade captaranse con imaxes fotográficas e de vídeo. Nesta fase realizaranse as Accións para as que se seleccionaron catro artistas diferentes que reinterpretarán cada edificio a partir dunha acción artística pensada especificamente para o espazo onde se desenvolverán.

A exposición complementarase cun catálogo e unha web: + info

Grafting Architecture. Catalonia at Venice

Cantieri Navali, Calle Quintavalle, Castello, 40

Inauguración: 5 de xuño, 18:30 h. www.llull.cat

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,